Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHAS 250 PERSOAS DOS BARRIOS E PARROQUIAS DA CIDADE INICIAN OS RETOS ENMARCADOS NA "LIGA MOTIVOS DE PESO"
UNHAS 250 PERSOAS DOS BARRIOS E PARROQUIAS DA CIDADE INICIAN OS RETOS ENMARCADOS NA
O doutor e impulsor do programa, Carlos Piñeiro, entregoulle esta tarde á alcaldesa, Marián Ferreiro, no Auditorio municipal dous premios concedidos ao Concello polo programa "100.000 Motivos de Peso"
Narón, 3 de abril de 2019. Unhas 250 persoas participarán na Liga Motivos de Peso, impulsada a través do programa 100.000 Motivos de Peso, no que colabora o Concello de Narón. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e outros representantes da corporación local asistiron esta tarde no Auditorio municipal á presentación oficial da Liga Motivos de Peso, que deu a coñecer oficialmente o médico e impulsor deste programa, Carlos Piñeiro. Ao inicio do acto a concelleira de Participación Cidadá, Catalina García, anunciou o comezo da Liga para, a continuación, presentar aos capitáns dos vinte e catro equipos anotados á mesma.
Foi o doutor Carlos Piñeiro o encargado de entregar á alcaldesa, Marián Ferreiro, ao principio do acto o premio Seo-Seedo/FEMP 2019 ao Municipio Saudable, outorgado durante o XV Congreso Nacional da Sociedade Española para o Estudo da Obesidade, celebrado en Vigo, polo traballo “Liga Motivos de Peso Narón” e tamén o recoñecemento do Ministerio de Sanidade trala adhesión do Concello á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no Sistema Nacional de Saúde. Tras recoller os diplomas que acreditan os premios, a alcaldesa destacou a gran implicación das veciñas e veciños de Narón, “pola gran acollida deste programa” e tamén a do doutor Carlos Piñeiro. Marián Ferreiro asegurou que “grazas á vosa colaboración, entre todas e todos conseguiremos o reto de perder eses 100.000 quilos de peso en dous anos, obxectivo final deste programa”. No momento da entrega houbo tamén un recoñecemento ao traballo do edil Octavio Dopico, que agradeceu no seu nome a edil de Participación Cidadá.
Veciñas e veciños da zona urbana e rural do municipio agrupáronse en vinte e catro equipos, cos seus correspondentes capitáns, para levar a cabo esta nova proposta do programa. Cada un deles cumprirá nos vindeiros meses os retos que se marcaron para continuar avanzando nos obxectivos deste programa, encamiñados á perda de peso e á adquisición de hábitos de vida saudables, tanto a nivel alimenticio como para combatir o sedentarismo. Os equipos formáronse nas parroquias de San Mateo, O Alto, A Gándara, Freixeiro, O Val, Piñeiros, San Xiao, Castro, O Couto, Santa Icía e Sedes.
Neste primeiro trimestre o reto está relacionado coa nutrición, tal e como explicou o doutor Carlos Piñeiro. O impulsor do programa presentou ás persoas que colaboran neste proxecto: o coordinador nos colexios, o doutor José Sordo, profesor no Centro de Formación do Profesorado de Ferrol; Alejandra Nerel, representante do equipo de cociñeiras e cociñeiros da Escola de Hostalería; e a nutricionista Lorena Díaz, que coordinará aos nutricionistas e dietistas de Galicia que se sumaron a esta iniciativa.
Carlos Piñeiro recordou os inicios deste programa, cunha proxección na que se explicaron os pasos dados para, a continuación, dar a coñecer os retos marcados para a Liga Motivos de Peso e o desenvolvemento da mesma, para a que aínda se poden anotar a través das asociacións as persoas interesadas, tal e como recordou. Entre eses retos, que irán proporcionando unha serie de puntos aos equipos están: baixar un 5% de peso nos oito meses de duración da Liga; camiñar 10.000 pasos diarios (aproximadamente unha hora); estar activos cinco ou dez minutos cada hora que pasen sentados; comer cinco pezas de froita ao día, verduras e alimentos saudables; beber auga e evitar bebidas azucaradas; almorzar dun xeito equilibrado; baixar o consumo de graxas animais; non fumar nin consumir alcol; e non permanecer inactivos máis de tres horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal