Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E O COLEXIO DA SOLAINA REALIZARON UN TAPIZ EDUCATIVO QUE ESTREOU HOXE ALUMNADO DO CENTRO
O CONCELLO E O COLEXIO DA SOLAINA REALIZARON UN TAPIZ EDUCATIVO QUE ESTREOU HOXE ALUMNADO DO CENTRO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, asistiron á estrea do tapiz, pensado para nenas e nenos de educación Infantil
Narón, 5 de abril de 2019. Un grupo de nenas e nenos de educación Infantil do colexio da Solaina estrearon hoxe un tapiz educativo. A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Seguridade Cidadá, Guillermo Sánchez Fojo, desprazáronse ao centro para que os nenos e nenas, axudados pola profesora, lles ensinasen o funcionamento deste tapiz, que tivo un gran éxito de acollida entre o alumnado de Infantil, de 3 a 5 anos, para o que está deseñado. O Concello de Narón, a través do equipo de Educación Viaria colaborou cos docentes do centro no deseño do tapiz educativo. Na súa visita, Ferreiro destacou “a excelente colaboración do profesorado e alumnado deste colexio con cantas iniciativas se impulsan desde o Concello, e tamén do resto de centros educativos do municipio, aos que paulatinamente iremos dotando destes tapices”.
Realizado en lona e cunhas dimensións de 120x120 centímetros o tapiz está dividido en cadros de 15x15 centímetros. Trátase dunhas medidas requeridas para poder traballar co robot que atende as indicacións que lle dan os menores. As casillas teñen indicacións viarias (incluída Pegadas, a mascota dos Camiños Escolares Seguros), edificios e zonas da cidade para que os nenos e nenas coñezan o seu entorno (o propio Concello, o parque de bombeiros, o paseo de Xuvia, a Biblioteca, o centro de saúde, o mosteiro do Couto, e o colexio, neste caso da Solaina) e tamén relacionadas coa seguridade (coller o casco, poñer o cinto nunha cadeira do coche…) e o medio ambiente (contenedores de reciclaxe). Desde a casilla de saída os menores elixen un punto de destino e, guiándose polos cadros (a cantidade e a dirección) van marcando cunhas fichas o camiño que ten que percorrer o robot. Unha vez rematado o traxecto coas fichas un alumno –un adquire o papel de policía e outro de peón- encárgase de dar as directrices ao robot, tanto número de casillas a avanzar como a dirección a seguir (esquerda ou dereita). Esas indicacións márcanse nunhas teclas que o robot ten na parte superior e, a continuación, tras aceptar o traxecto premendo o botón de OK o robot chega ao destino indicado. “Con esta iniciativa ofrecemos unha formación transversal, na que a maiores da educación viaria os nenos e nenas fan uso tamén da robótica e aprenden orientación, cálculo, fan operacións de matemáticas acordes á súa idade… todo un conxunto de accións que amplían os seus coñecementos en varias áreas”, subliñou Ferreiro. A alcaldesa valorou o resultado do traballo realizado desde o centro e animou aos nenos e nenas a desfrutar e, ao mesmo tempo, aprender con esta nova iniciativa coa que contan no centro.
No colexio da Solaina contan tamén desde hai uns días cun corredor activo na primeira planta, que ao igual que o instalado en Piñeiros inclúe casillas con indicacións viarias e para o coidado do medio ambiente e, a maiores neste caso, tamén o abecedario.
“Desde o goberno local continuamos fomentando o traballo que desde a área de Educación Viaria se realiza nos centros escolares cos nenos e nenas desde a sua etapa infantil, conscientes da importancia de que adquiran coñecementos acordes á súa idade e que lles son de moita utilidade no día a día”, asegurou Ferreiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal