Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO IMPLANTARÁ O PROGRAMA "BICA E ARRINCA" NOS COLEXIOS DA GÁNDARA E SANTIAGO APÓSTOL
O CONCELLO IMPLANTARÁ O PROGRAMA
O programa, que comezará o 8 de abril, promove zonas seguras de parada de vehículos nas inmediacións dos centros de ensino da cidade, tal e como recordou a alcaldesa, Marián Ferreiro
Narón, 6 de abril de 2019. O programa Bica e arrinca comezará a funcionar o vindeiro luns, día 8, nos colexios da Gándara e Santiago Apóstol. Así o anunciou a alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, que recordou que se trata dunha iniciativa coa que se aposta por promover zonas seguras de paradas de vehículos fronte aos centros educativos da cidade. O equipo de Educación Viaria do Concello de Narón impulsou este programa, xunto con outros como os Camiños Escolares Seguros, a través da Concellería de Seguridade Cidadá e Transporte Público. Con estes dous centros o programa queda implantado en tódolos colexios públicos e concertados da zona urbana da cidade, á espera de estudar a posibilidade de poñelo en marcha nos do CRA.
Os pais e nais do alumnado dos colexios da Gándara e Santiago Apóstol poderán facer uso a partir do luns das áreas habilitadas –con sinalización horizontal e vertical- para deixar aos seus fillos e fillas á entrada do recinto escolar. As paradas dos vehículos na zona delimitada para o Bica e arrinca poden realizarse entre as 8.30 e as 9.10 horas tanto no colexio da Gándara como no Santiago Apóstol. “Trátase de áreas para realizar unha parada durante un tempo limitado para que os nenos e nenas se baixen dos vehículos particulares con tódalas garantías de seguridade”, recordou Ferreiro. A maiores, con estas zonas evítanse as aglomeracións de vehículos nas inmediacións dos colexios ás horas nas que se rexistra unha gran afluencia de vehículos.
“O que queremos a través desta iniciativa, que se complementa con outras relacionadas coa educación viaria, é promover entre as familias unha mobilidade segura no entorno escolar e contando en todo momento, como non podía ser doutro xeito, co consenso da comunidade educativa”, apuntou a alcaldesa.
“A través deste programa, desde o Concello respaldamos as medidas impulsadas a través da Fundación Mapfre sobre a seguridade nos entornos dos centros escolares da nosa cidade, que é primordial para as nosas veciñas e veciños”, recalcou Ferreiro.
O pasado mes de novembro o programa, que se estreou na cidade no ano 2017, implantouse nos colexios Ayala e Virxe do Mar e funciona tamén no Ponte de Xuvia, na Jorge Juan, na Solaina, en Piñeiros e no Feal.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal