Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA RECIBIU NO SALÓN DE PLENOS AOS ESCOLARES DE CENTROS EUROPEOS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA "ON YOUR BIKE!"
A ALCALDESA RECIBIU NO SALÓN DE PLENOS AOS ESCOLARES DE CENTROS EUROPEOS QUE PARTICIPAN NO PROGRAMA
Marián Ferreiro deu a benvida aos preto de oitenta escolares e docentes de Noruega, Finlandia, Gales, Turquía e Portugal que pasarán esta semana na cidade
Narón, 8 de abril de 2019. Uns oitenta escolares e docentes de colexios de Noruega, Finlandia, Gales, Turquía e Portugal iniciaron hoxe a súa estadía na cidade como participantes do proxecto europeo On your bike!, impulsado polo Centro de Formación de Recursos (CFR) de Ferrol e no que participa o equipo de Educación Viaria de Narón e os CEIP plurilingües Virxe do Mar e Ponte de Xuvia e o CEIP da Solaina. A alcaldesa, Marián Ferreiro, recibiu hoxe a unha representación dos participantes no salón de plenos, donde lles deu a benvida á cidade e amosou a satisfacción de “poder participar xunto con todas e todos vós neste proxecto, compartindo coñecementos e experiencias sobre educación viaria”.
Ferreiro agradeceu a implicación do CFR de Ferrol, da comunidade educativa de Narón e do equipo de Educación Viaria por facer unha realidade esta iniciativa, organizada en Europa polo Consistorio de Cardiff (Gales) e no que os centros locais participan como socios, xunto co Concello de Narón. “Espéravos unha semana intensa de actividades, nas que continuaremos véndonos, e quero que a desfrutedes ao máximo e que aproveitedes tamén para coñecer a nosa cidade, donde sodes benvidos e benvidas”, asegurou a alcaldesa.
Unha vez rematada a visita ao Concello os escolares desprazáronse ata a Biblioteca municipal, donde participaron en actividades vencelladas á biblioteca virtual, e a continuación á Praza de Galicia, donde bailaron e cantaron cun grupo de monitores.
Na xornada de mañá visitarán o CEIP da Solaina, donde tanto os estudantes como os docentes europeos coñecerán as instalacións educativas –nas que se iniciou o traballo de educación viaria en colexios da cidade- e asistirán a un obradoiro de chapas. Unha sesión de robótica no tapiz educativo que estrearon no centro a pasada semana e un obradoiro de reparacións básicas en bicicletas –no que colabora o clube ciclista local Clásicos BikeWorks- completarán a programación de mañá.
Ao longo da semana seguirán as visitas aos centros educativos que participan no programa, os CEIP plurilingües Ponte de Xuvia e Virxe do Mar.
“O alumnado de Narón que participa neste programa ten unha excelente oportunidade para dar a coñecer o seu traballo e tamén tomar boa nota do que realizan noutros centros europeos”, asegurou Ferreiro, que destacou a implicación dos colexios da cidade e das familias de Narón con cantas iniciativas se impulsan desde o Concello en materia de educación vial.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal