Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E O PARQUE FLUVIAL DE FREIXEIRO ACOLLERON OS ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
O CONCELLO E O PARQUE FLUVIAL DE FREIXEIRO ACOLLERON OS ACTOS DE CONMEMORACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DO POBO XITANO
A lectura de manifestos, unha ofrenda floral e un café xitano, cunto cunha homenaxe a unha muller de etnia xitana que imparte clases de costura, formaron parte dos actos celebrados na cidade
Narón, 8 de abril de 2019. O Concello acolleu hoxe o acto institucional do Día Internacional do Pobo Xitano, que se conmemora cada 8 de abril. O portavoz de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo, presidiu a convocatoria (desculpando a ausencia na mesma da alcaldesa, Marián Ferreiro), á que tamén acudiron outros representantes do goberno local, entre eles a edil de Acción Social, Catalina García. Ás 11.30 horas daba comezo no salón de plenos a convocatoria, na que catro mulleres de etnia xitana leron un manifesto reivindicando os dereitos do colectivo.
Sánchez Fojo deu a benvida aos asistentes para, a continuación, incidir na necesidade de traballar xuntos para acadar a tan necesaria igualdade entre as persoas, independentemente da súa cultura, neste caso. O portavoz de TEGA recordou parte do traballo que desde o Concello de Narón se realiza a prol do colectivo, ao que felicitou por conmemorar un ano máis tan sinalada data como o Día Internacional do Pobo Xitano.
Catro mozas de etnia xitana encargáronse de ler uns manifestos que elas mesmas redactaron nos que subliñaron a necesidade de “acabar co rexeitamento ao pobo xitano e a discriminación”. “Queremos que os libros de texto falen do noso pobo, da nosa historia, da nosa arte, porque coa democracia rematou o antixitanismo”, aseguraron. As mulleres relataron tamén situacións reais de discriminación que tiveron que afrontar por ser xitanas á hora, por exemplo, de alugar unha vivenda, realizar a compra, ou coller un taxi. “Todos somos persoas e vivimos, como indican as cores da nosa bandeira, baixo un ceo azul e sobre un campo verde”, recalcaron desde o colectivo, que en todo momento asegurou que continuará traballando “para conseguir un mundo mellor para os nosos fillos e fillas”.
O acto incluíu ademais unha homenaxe a Josefa Álvarez, profesora dun obradoiro de costura. A edil de Acción Social destacou a traxectoria desta muller que, como voluntaria, axuda a outras mulleres de etnia xitana a aprender a coser a través de unha iniciativa respaldada polo Consistorio. Unha emocionada Josefa recolleu uns agasallos que lle entregaron Sánchez Fojo e García, un reloxio e un ramo de flores para, a continuación, lamentar a discriminación que, en ocasións, sofre o colectivo xitano. “Non nos coñecen nin nos valoran e é un problema porque por un xitano pagamos todos e non se debería”. Josefa Álvarez agradeceu o respaldo do Concello de Narón “que se portou e se porta moi ben comigo”.
Un rapaz de etnia xitana, autodidacta e tamén exalumno da Escola de Música Moderna de Narón, amenizou o final do acto do Concello tocando a guitarra. A continuación os asistentes desprazáronse ata o parque do río Freixeiro, donde tivo lugar a tradicional Cerimonia do Río, cunha ofrenda floral en recordo das vítimas xitanas da Segunda Guerra Mundial, recordando a través do río a transhumancia do colectivo. Os asistentes lanzaron ao río flores de papel realizadas o pasado sábado nun obradoiro de Origami impulsado desde o Concello –en colaboración coa asociación Gaikai- e tamén flores naturais, para rematar a celebración degustando un café xitano.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal