Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE 300 PERSOAS INSCRIBÍRONSE NA PRIMEIRA EDICIÓN DO "FORO EMPRESA NARÓN"
MÁIS DE 300 PERSOAS INSCRIBÍRONSE NA PRIMEIRA EDICIÓN DO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, será a encargada de inaugurar o evento, que se desenvolverá o vindeiro 11 de abril no Pazo da Cultura
Narón, 9 de abril de 2019. Algo máis de trescentas persoas, tal e como indicaron desde a organización, asistirán á primeira edición do Foro Empresa Narón que se celebrará o vindeiro xoves, día 11, no Pazo da Cultura e no que colabora o Concello de Narón. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, será a encargada da apertura oficial –sobre as 9.40 horas- desta convocatoria, dirixida a empresarios, emprendedores Pemes, Micropemes e alumnado de FP Dual.
O trainer de comunicación Eloy Gesto será o encargado de conducir o evento, que dará comezo ás 9.30 horas cunha introducción previa á apertura oficial. Trala intervención da alcaldesa de Narón, Rodrigo García, Interim Manager, explicará os obxectivos do Foro Empresa Narón e abordará os temas que se exporán durante a xornada: coaching, transformación dixital, interim manager, institucións e mercado, mediación e emprendemento.
Tras unhas pautas sobre coaching financieiro e a figura do Family banker a cargo de Ivonne Pousa, delegada do banco Mediolanum, intervirá Luca Lazzarini, licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Pamplona, que falará sobre “Razoptimismo”. A xornada da mañá completarase cunha mesa sobre “A mediación como instrumento eficaz na xestión do conflito”, a cargo do catedrático Emiliano Carretero e da abogada Patricia Vilar, ambos expertos en mediación. Antes do descanso para o café –previsto para as 11.55-, terá lugar a ponencia de José Luis Portela, conselleiro delegado de varias empresas, que falará sobre Interim Managemet.
As conclusións da parte inicial do Foro darán continuidade ao o programa, que inclúe unha tertulia coa escritora Belén Varela e a psicóloga Alejandra Mosteiro e unha ponencia sobre “In-seguridade 2.0” con Rafael Villaverde, emprendedor e empresario do sector tecnolóxico. A continuación Daniel Cerqueiro, licenciado e doutorado en Ciencias Físicas, realizará unha auditoría web en directo con Manuel Pan, director de Phottic.
Unha mesa sobre “Interim Manager” que presentará Mayte Torres, diplomada en Ciencias Empresariais pola Universidade de Vigo, e na que intervirán Aurelio Louro, enxeñeiro de Telecomunicacións; Esther Vázquez, integrante das asociacións Interim Management España e Galicia e Belén Varela, que falará sobre mindfullness (felicidade no traballo e coaching), abrirá a programación da tarde. Ao seu remate terá lugar unha mesa institucional con persoal do IGAPE, da Deputación da Coruña e do Concello de Narón e despois intervirá David Conde, ADE pola Universidad Oberta de Cataluña, que abordará o tema de “A influencia dos algoritmos na vida”.
Para rematar, haberá unha mesa redonda sobre “Coaching na empresa” coa coach Alejandra Mosteiro e un cliente que falarán dun caso práctico e realizarán o “xogo do emprendedor”, de Manuel Dafonte, diplomado en Alta Dirección polo Instituto Empresa, no que participarán varios empresarios. O peche do Foro Empresa Cidade de Narón correrá a cargo do concelleiro de Promoción Económica de Narón, Xosé Gómez Fandiño.
O programa completo pode consultarse na web: https://foroempresanaron.es/, donde tamén se poden inscribir previamente -de balde- as persoas que desexen asistir.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal