Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA CONMEMORARÁN O ANIVERSARIO DA PROCLAMACIÓN DA II REPÚBLICA
A cita, aberta á asistencia da cidadanía, inclúe tres ofrendas florais: nos cemiterios do Val e San Mateo e fronte ao Pazo da Cultura, xunto á árbore de Gernika
Narón, 11 de abril de 2019. O Concello de Narón e a Asociación Memoria Histórica Democrática organizan un acto o vindeiro domingo, día 14, con motivo do 88 aniversario da proclamación da II República –que tivo lugar o 14 de abril de 1931-. A convocatoria, tal e como explicou a concelleira de Cultura, María del Carmen Espada, consistirá nunha ofrenda floral coa que se lembrará ás persoas represaliadas pola ditadura debido á defensa da legalidade republicana e das súas ideas de progreso e xustiza social. A ofrenda floral desenvolverase, ao igual que en anos anteriores, en tres ubicacións da cidade: no cemiterio do Val, ás 12.00horas; no de San Mateo, ás 12.30 e fronte ao Pazo da Cultura –xunto á árbore de Gernika- ás 13.00 horas. Representantes da corporación local e da Asociación Memoria Histórica Democrática participarán neste acto, aberto á asistencia da veciñanza.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal