Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN EN DOUS OBRADOIROS SOBRE APICULTURA QUE SE IMPARTIRÁN NO LOCAL SOCIAL DE SEDES
As sesións desenvolveranse o 20 de abril a partir das 10.00 horas e as inscricións poden tramitarse a través do correo: dagaferrol@hotmail.com
Narón, 18 de abril de 2019. A delegación en Ferrolterra da Asociación Galega de Apicultura (AGA) convoca un obradoiro sobre “Colleita e conservación de pole” e outro de “Obtención e preparación de propóleos” que terán lugar o vindeiro sábado, día 20, no local social de Sedes. As persoas que desexen anotarse poden facelo a través do correo electrónico: dagaferrol@hotmail.com, debendo abonar 10 euros os socios/as de AGA e veciños e veciñas empadroados en Narón e 50 euros o resto de asistentes (para cubrir os custes dos consumibles, e entregándose tamén o resumo dos obradoiros en formato dixital). O primeiro dos obradoiros, sobre “Colleita e conservación de pole”, dará comezo ás 10.00 horas e impartirao un produtor de Celanova (Ourense), José Fernández. O obradoiro sobre “Obtención e preparación de propóleos”, que será a continuación, correrá a cargo dun dos socios da delegación de AGA en Ferrolterra, tal e como indicaron desde a entidade. Así mesmo, dende o colectivo explicaron que estas propostas se dirixen “a persoas interesadas na elaboración de produtos para consumo propio”, animando á veciñanza a inscribirse. Estes obradoiros, xunto con outras actividades que AGA Ferrolterra desenvolverá na cidade nas vindeiras semanas, enmárcanse no convenio que o Concello de Narón mantén coa entidade.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal