Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
Á VENDA AS ENTRADAS PARA A COMEDIA "UNHA NOITE NA PRAIA", CON XOSÉ ANTONIO TOURIÑÁN E CARLOS BLANCO
Á VENDA AS ENTRADAS PARA A COMEDIA
A representación será os días 13 e 14 de setembro no Pazo da Cultura e terá unha duración de aproximadamente hora e media
Narón, 19 de abril de 2019. Os cómicos galegos Xosé Antonio Touriñán e Carlos Blanco regresarán en setembro –tralo éxito de Somos criminais- ao escenario do Pazo da Cultura de Narón para representar a obra Unha noite na praia. A cita será os días 13 e 14 de setembro, ás 20.30 e 20.00 horas, respectivamente, e as entradas poden adquirirse xa na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es. O prezo é de 18 euros no patio de butacas, 15 na platea 1 e 12 na platea 2.
Durante unha hora e media, Touriñán e Blanco interpretarán a Klaus e Manuel, un galego que traballa nun chiringuito e quere marchar para a casa descansar e un turista sueco que non se quere ir aínda da praia e pide a última cervexa e contar as súas penas. Ambos coindiden nunha praia fronte ao mar e comezan a falar, compartindo anécdotas, recordos, e tamén medos, soños e inseguridade, para finalmente pasar aos segredos e confesións que probablemente sería mellor non compartir. Os espectadores terán a oportunidade de comprobar que son dúas persoas totalmente opostas. Ao ir avanzando a obra o espectador decatarase de que na praia non todo é o que parece.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal