Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O NARÓNiño ABRIU HOXE AS SÚAS PORTAS PARA OFRECER TRES DÍAS DE OCIO FAMILIAR E INFANTIL
O NARÓNiño ABRIU HOXE AS SÚAS PORTAS PARA OFRECER TRES DÍAS DE OCIO FAMILIAR E INFANTIL
As instalacións do pavillón Campo da Serra, en Santa Icía, acollen este evento, que alcanza a súa terceira edición e con entrada de balde
Narón, 19 de abril de 2019. A terceira edición de O NARÓNiño. O lugar onde xogan as meniñas e os meniños abriu esta mañá as súas portas no pavillón Campo da Serra, en Santa Icía. Desde hoxe e ata o domingo pola noite, as nenas e nenos –a partir de 2 anos- dispoñen dunha gran variedade de propostas de xogo para gozar durante a Semana Santa. A entrada é de balde e o recinto abre as súas portas de 11.00 a 14.00 e polas tardes dende as 16.30 ata as 20.30 horas.
No momento da súa apertura esta mañá, ás 11.00 horas, chegaban os primeiros nenos e nenas acompañados por adultos e dispostos a gozar dunha mañá de xogos nos distintos espazos habilitados para tal fin. Unha das novidades deste ano é a habilitación dunha zona delimitada para os menores de 2 a 4 anos, para que poidan xogar en tres áreas deseñadas para os máis pequenos á Carrera Go First (pistas de coches), con Playmobil 123 ou cos Junior Rolly Toys (construción).
Os menores a partir de 4 anos poden elixir entre propostas como Carrera, Playmobil, Superzings e os Rolly Toys. Todos os participantes levarán un diploma pola súa participación que se entregará nas propias zonas de xogo e tamén teñen a oportunidade de inmortalizar o seu paso por O NARÓNiño fotografiándose nun photocall instalado na entrada do recinto. Hay tamén figuras con dioramas e xigantes de Playmobil.
Unha das propostas que se retoma nesta terceira edición son os exitosos obradoiros Menuda cociña, nos que os nenos e nenas se convirten en grandes chefs coa axuda de monitores, que lles aprenden a preparar varias receitas. Cada día ofértanse un máximo de 160 prazas para estes obradoiros de cociña, que dan comezo ás 12.00 horas pola mañá e, polas tardes, ás 17.00, 18.00 e 19.00 horas, tendo unha duración aproximada dunha hora. Para participar nestes obradoiros é preciso inscribirse previamente, xunto antes do inicio de cada unha das quendas, nas que haberá un máximo de 40 prazas, dividindo aos participantes en dous grupos.
Os menores deben estar en todo momento acompañados por unha persoa adulta dentro do recinto, se ben os acompañantes non poden estar dentro da zona delimitada para o xogo. Os nenos e nenas deben cumprir as indicacións que realizan os monitores e está prohibido comer dentro do recinto e tamén a entrada de animais de compañía.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal