Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
FOOD TRUCKS, MÚSICA E ARTESANÍA DARANSE CITA ESTA FIN DE SEMANA NO "PRIMAVERA FEST NARÓN"
FOOD TRUCKS, MÚSICA E ARTESANÍA DARANSE CITA ESTA FIN DE SEMANA NO
O evento, que presentou a concelleira de Festas, Mar Gómez, desenvolverase de venres a domingo no parque do río Freixeiro
Narón, 22 de abril de 2019. A concelleira de Festas, Mar Gómez, presentou esta mañá o Primavera Fest Narón, unha cita que esta fin de semana reunirá no parque do río Freixeiro food trucks, postos artesáns e na que non faltarán a música e o baile. A edil naronesa animou á veciñanza a acudir a este evento, que dará comezo o vindeiro venres, día 26, e rematará o domingo 28.
As persoas que se acheguen poderán degustar algunha das variedades gastronómicas que se ofrecerán nas cinco food trucks que acudirán ao Primavera Fest Narón. Estarán presentes nesta primeira edición “Con palillos”, de comida xaponesa; “Mean dogs”, con propostas veganas; “Pink and mint”, de sobremesas e café; “A Pavoneta” (único con certificación “sen glute” en España), con menús a base de pavo e “Chibiski”, de comida mexicana. O venres poderase acudir a partir das 18.00 horas, e ata as 00.00, contemplándose ademais no programa a actuación de DJ Juanky, a partir das 21.00 horas.
A edil naronesa avanzou que na xornada do sábado, día 27, os postos abrirán de 11.00 a 01.00 horas –cun descanso a primeira hora da tarde-. Ao mediodía tamén haberá un concerto de Mathew Ward, ás 14.00 horas e, xa pola tarde, unha exhibición de Hip hop, a cargo de All Dance Studio, ás 19.30; un acústico de Adrián López, ás 20.00 e un concerto de The Cruze, ás 22.00.
O último día, o domingo 28, o horario de apertura dos postos será de 11.00 a 00.00. O programa completarase nesa xornada cun concerto de Minguante, ás 14.00 horas; outro de Isma Taboada ás 16.00; unha master class de zumba con All Dance Studio, ás 18.30, na que poderán participar todas as persoas que o desexen e, finalmente, pechará o Primavera Fest Narón o concerto de 3D Band, que dará comezo ás 21.00 horas.
Así mesmo, no parque de Freixeiro instalaranse postos de cervexa artesá, procedentes de Ferrol, A Coruña, Lugo e Pontevedra, e tamén outros de venda doutros produtos, para completar a oferta deste evento, tal e como explicou Mar Gómez.
“O Concello organiza esta nova proposta de ocio familiar para esta fin de semana, con tres días de música, mercado e tamén coa posibilidade de que as persoas que o desexen poidan aproveitar ao máximo o seu tempo no Primavera Fest Narón degustando algunha das propostas culinarias das food trucks que estarán estes días en Freixeiro”, asegurou Gómez.


Descarga de archivos
Cartaz Primavera Fest NarónTamaño: 952,61 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal