Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O EXALCALDE DA CIDADE JOSÉ MANUEL BLANCO, PRESENTE DESDE HOXE NA GALERÍA DE ALCALDES DO CONCELLO
O EXALCALDE DA CIDADE JOSÉ MANUEL BLANCO, PRESENTE DESDE HOXE NA GALERÍA DE ALCALDES DO CONCELLO
A alcaldesa, Marián Ferreiro, descubriu o novo cadro da galería, obra do artista luso Manuel Patinha, xunto co exrexedor local, José Manuel Blanco, que estivo acompañado de portavoces dos grupos municipais e outros edís da corporación
Narón, 22 de abril de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, presidiu esta mañá o acto de incorporación dun novo cadro á Galería de alcaldes do Concello naronés. O exalcalde da cidade José Manuel Blanco, descubriu coa rexedora local o traballo, realizado polo artista luso, afincado en Narón e Fillo adoptivo da cidade desde 2016, Manuel Patinha, que por motivos de axenda non puido asistir hoxe á convocatoria.
Blanco, alcalde da cidade entre 2009 e 2017, valorou o traballo realizado nesta ocasión por Patinha e amosou a súa satisfacción por pasar a formar parte da Galería de alcaldes de Narón, ubicada no segundo andar do Concello, co que poden visitala as persoas que o desexen en horario de apertura do Consistorio. Como é tradicional na cidade, os primeiros edís da corporación local contan cun cadro no que se recorda o seu paso polo Concello, e baixo o que se coloca unha placa co seu nome e co período no que exerceron como alcaldes. Blanco estivo acompañado no acto polos portavoces de Terra Galega, Guillermo Sánchez Fojo; PSOE, Catalina García; BNG, Teresa Sabio; PP, Marcos López, e EU, André Abeledo, así como por outros edís da corporación local.
O do exalcalde naronés José Manuel Blanco é o oitavo cadro desta Galería de alcaldes do Concello. Na galería figuran os exrexedores da cidade dos que constan elementos gráficos. O primeiro exalcalde que figura nesta galería é Bernardo Castro Rodríguez (5 de novembro de 1936 a 27 de xaneiro de 1940); seguido de Manuel Prado Fernández (11 de febreiro de 1942 a 14 de maio de 1943 e 24 de xaneiro de 1947 a 6 de setembro de 1954); Marcial Calvo Hermida (10 de setembro de 1954 a 27 de novembro de 1974): Nemesio Quintía Luaces (27 de novembro de 1974 a 23 de decembro de 1974); Antonio Sánchez Barbís (23 de decembro de 1974 a 16 de abril de 1979); Antonio Martínez Aneiros (19 de abril de 1979 a 13 de decembro de 1985); Xoán Gato Díaz (13 de decembro de 1985 a 20 de xaneiro de 2009). Os sete cadros anteriores ao de José Manuel Blanco realizounos o pintor ferrolán José González Collado.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal