Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A BIBLIOTECA E AS AXENCIAS DA LECTURA MUNICIPAIS DA SOLAINA E A GÁNDARA ACOLLEN OS ACTOS DA PROGRAMACIÓN PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO LIBRO
A BIBLIOTECA E AS AXENCIAS DA LECTURA MUNICIPAIS DA SOLAINA E A GÁNDARA ACOLLEN OS ACTOS DA PROGRAMACIÓN PARA CONMEMORAR O DÍA MUNDIAL DO LIBRO
A Biblioteca acollerá o 27 de abril un obradoiro infantil e nas axencias da lectura tamén se desenvolverán actividades ao longo desta semana
Narón, 23 de abril de 2019. A Biblioteca municipal acollerá o sábado, día 27 –ás 11.00 horas-, o obradoiro Autores/as con pegada, dirixido a nenos e nenas a partir de 4 anos. O prazo de inscrición nesta actividade abrirase esta tarde, ás 16.00 horas, debendo tramitalas no mostrador da sala de adultos da Biblioteca ou chamando por teléfono ao número 981 382 173 no horario de apertura das instalacións. A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, recordou que os menores que se inscriban deben ter o carné da Rede de Bibliotecas sen sancións pendentes. Esta acción, así como outras que se desenvolven este mes tanto na Biblioteca como nas axencias da lectura municipais da Solaina e A Gándara, enmárcanse nos actos programados desde o Concello con motivo do Día Mundial do Libro, que se conmemora hoxe.
Na actividade os participantes ilustrarán un texto, untando o dedo en pintura e traballando sobre papel para, ao finalizar, expoñer o resultado nas propias instalacións da Biblioteca para que o poidan ver a vindeira semana todas as persoas que se acheguen ás instalacións.
Así mesmo, na Axencia de Lectura Municipal da Gándara permanece instalado esta semana un photocall, xusto á entrada da Casa da Mocidade, con diferentes elementos para que as persoas que acudan poidan sacarse unha fotografía co seu libro favorito. A fotografía subida a Instagram e con máis número de “gústame” ata o 28 deste mes nomeando a conta @bibliotecadenaron e coa etiqueta #OMeuLibroFavoritoBPN recibirá como agasallo un lote de libros, podendo estar as fotos sacadas neste espazo habilitado desde o Concello ou noutros.
Na Axencia de Lectura Municipal da Solaina terá lugar esta tarde, de 18.00 a 19.00 horas, un Obradoiro de elaboración de marcapáxinas, dirixido a nenas e nenos de 3 a 6 anos. Mañá, nestas mesmas instalacións haberá unha sesión de contacontos, para menores de 3 a 12 anos, na que os protagonistas tamén serán os nenos e nenas, sendo os de máis idade os que se encargarán de contar diferentes historias aos máis pequenos, coa axuda de educadoras para seleccionar e preparar os seus contos favoritos e compartilos cos compañeiros e compañeiras. Esta actividade será de 16.00 a 17.00 horas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal