Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PRIMAVERA FEST NARÓN OFRECE A PARTIR DE MAÑÁ TRES XORNADAS DE MÚSICA, GASTRONOMÍA E ARTESANÍA NO PARQUE DO RÍO FREIXEIRO
Cinco food trucks con varias propostas gastronómicas, cervexa artesá, postos de venda de produtos artesás e música completan a oferta desta fin de semana na cidade
Narón, 25 de abril de 2019. O Primavera Fest Narón comezará mañá pola tarde no parque do río Freixeiro. Este evento festivo e gastronómico desenvolverase ata o vindeiro domingo e ofrecerá á veciñanza e visitantes unha ampla oferta gastronómica, musical e artesá. Na xornada de mañá as cinco food trucks que acudirán a esta cita, así como as seis marcas de cervexa artesá e os postos do mercado, estarán operativos entre as 18.00 e as 00.00 horas. Non faltará tampouco a música nesta xornada de apertura do Primavera Fest Narón, donde se poderá ver a partir das 21.00 ao DJ Juanky. As food trucks que estarán presentes na primeira edición do Primavera Fest Narón son: “Con palillos” (comida xaponesa); “Mean dogs”, (varias propostas veganas); “Pink and mint”, (sobremesas e café); “A Pavoneta”, (propostas a base de pavo e a única en España con certificación “sen glute”) e “Chibiski”, (comida mexicana). No parque de Freixeiro instalaranse tamén postos de cervexa artesá, procedentes de Ferrol, A Coruña, Lugo e Pontevedra, e tamén outros que venderán produtos artesáns. O sábado os postos de comida e bebida, así como os do mercado, permanecerán abertos de 11.00 a 01.00, cun descanso a primeira hora da tarde. En canto ao apartado musical, ás 14.00 horas actuará Mathew Ward e, pola tarde, ás 19.30 haberá unha exhibición de Hip Hop, a cargo de All Dance Studio; ás 20.00 comezará o acústico de Adrián López e a partir das 22.00 actuará The Cruze. O domingo 28, as food trucks e os postos de cervexa artesá e do mercado abrirán entre as 11.00 e as 00.00 horas. O programa completarase cun concerto de Minguante ás 14.00 horas e pola tarde, ás 16.00 horas, outro de Isma Taboada. Continuará a xornada final cunha master class de zumba con All Dance Studio a partir das 18.30, na que poderán participar todas as persoas que o desexen e pechará o Primavera Fest Narón o concerto de 3D Band, que comezará ás 21.00 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal