Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PAVILLÓN DAS LAGOAS ACOLLERÁ A VINDEIRA SEMANA O VI MINIMARKET EMPRENDE XOVE
Un total de duascentas alumnas e alumnos de centros educativos da comarca participan nesta iniciativa, impulsada por AJE Ferrolterra e na que colabora, entre outros, o Concello de Narón
Narón, 30 de abril 2019. O Concello de Narón colabora coa Asociación Jóvenes Empresarios Ferrolterra na sexta edición do Minimarket Ferrolterra Emprende Xove. A alcaldesa, Marián Ferreiro, a concelleira de Mocidade, Natalia Hermida, e o edil de Promoción Económica, Xosé Gómez Fandiño, presentaron esta mañá xunto con Luis González, presidente de AJE Ferrolterra, esta convocatoria, que culminará cunha exposición conxunta nun formato feira o vindeiro 10 de maio no pavillón das Lagoas, en horario de 18.00 a 20.30 horas. Nesa xornada, con entrada de balde, procederase á entrega dos premios ás mellores propostas realizadas por douscentos alumnos e alumnas de catorce centros educativos de cinco concellos da comarca. O presidente de AJE Ferrolterra asegurou que “desde Narón foron todo amabilidade e facilidades para poder celebrar este evento” e destacou que se trata dunha iniciativa “moi necesaria en Ferrolterra, Eume e Ortegal porque é unha aposta polo xerme emprendedor na comarca”. Así mesmo, Luis González incidiu en que “a nosa aposta é que os rapaces e rapazas das tres comarcas poidan visitarnos e compartir vivencias” e agradeceu finalmente “a aposta que fixestes dende o Concello de Narón por este emprendemento e as ideas de futuro que se nos ocurran, porque creo que estamos na casa ideal”. A iniciativa diríxese a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional e aposta por fomentar entre os rapaces e rapazas o espíritu emprendedor e a innovación, entre outros obxectivos. De Narón sumáronse a esta convocatoria rapazas e rapaces, uns 50 en total do IES Terra de Trasancos e dos CPR Ayala e Jorge Juan. Participarán tamén os IES Concepción Arenal e Sofía Casanova, e os colexios Compañía de María, Cristo Rey, Mercedarias e Rodolfo Ucha, de Ferrol; o centro As Mirandas, de Ares; os colexios A Xunqueira, Jorge Juan e IES Fene, de Fene e, no caso de Neda, o IES Fernando Esquío. Os estudantes presentarán ideas innovadoras e economicamente viables, en proxectos individuais ou en grupo (dun máximo de cinco persoas) e poderán presentar as candidaturas ata o venres, día 3, na sede de AJE Ferrolterra (nas oficinas do Cantón de Molíns ou por correo electrónico: info@ajeferrolterra.org). Haberá catro premios valorados en conxunto en 1.500 euros: dous de 500 euros para o Mellor Proxecto ou idea emprendedora na categoría de ESO e Bacharelato e outro tamén de 500 euros para a categoría de Formación Profesional, que valorará un xurado integrado por persoas da xunta directiva de AJE, autoridades e patrocinadores. Haberá tamén dous accésit de 250 euros cada un, para o mellor proxecto de RSE e para o máis valorado polo público. O vindeiro 10 de maio, como peche deste certame, terá lugar unha exposición conxunta e presentación do Minimarket, nun formato feira, no pavillón das Lagoas, que se celebrará entre as 18.00 e as 20.30 horas, e donde se procederá á entrega dos premios. A iniciativa conta co patrocinio, a maiores do Concello de Narón, do de Ferrol e coa colaboración da Deputación da Coruña e das empresas Cándido Hermida, Gadis, Ortegal Oil e J. Rilo. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, agradeceu a colaboración de AJE co Concello e asegurou que o equipo de goberno “sempre apostou polo emprendemento e calquera iniativa que sexa para apoiar aos emprendedores será ben acollida no noso concello, donde sempre teredes as portas abertas a este tipo de propostas”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal