Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA VERÁN
APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA CONCILIAESCOLA VERÁN
A concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, recordou que se trata dun programa municipal dirixido a nenos e nenas empadroados en Narón e que se desenvolverá nos meses de xuño e xullo
Narón, 6 de maio de 2018. O Concello de Narón abriu esta mañá o prazo para inscribirse no programa municipal ConciliaEscola Verán, dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos empadroados en Narón e nos casos nos que traballen os dous membros parentais. A concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, avanzou que o programa se desenvolverá en cinco quendas, cun máximo de vinte prazas cada unha delas, entre os meses de xuño e xullo, nas instalacións da Escola de Domirón (CRA de Narón). As persoas interesadas en anotarse poderán facelo ata o vindeiro 16 de maio, debendo entregar a solicitude dispoñible no Rexistro do Concello, a donde poden dirixirse en horario de 8.30 a 13.30.
A primeira quenda desenvoverase do 25 ao 28 de xuño e as seguintes, do 1 ao 5 de xullo; do 8 ao 12 de xullo; do 15 ao 19 de xullo e do 22 ao 29 de xullo. Os horarios que se habilitaron para os participantes ofrecen dúas posibilidades, acudir en horario de 07.30 a 14.00 horas (con servizo de transporte só de volta) ou dende as 09.00 ata as 14.00 (transporte de ida e volta). Este servizo ofrecerase no caso de que existan un mínimo de dez solicitudes por quenda. As paradas previstas establecéronse na Casa da Mocidade (A Gándara); nas inmediacións do Concello (Alto do Castiñeiro); no Centro Cívico Social de San Mateo; no polideportivo Campo da Serra (A Solaina); xunto á Cooperativa do Val; no Centro Cívico Social de Piñeiros; xunto ao Pazo Libunca (San Xiao); fronte á Praza do colexio de Xuvia; no Paraxe (Castro); nas inmediacións da igrexa de Pedroso; no Centro Cívico de Sedes e xunto á igrexa de Doso.
O prezo para cada unha das quendas é de 8,15 euros por participante, tal e como aparece recollido na pertinente ordenanza municipal (nº 15). A adxudicación das prazas realizarase por rigorosa orde de inscripción, tal e como recordou Sabio, que animou ás veciñas e veciños da cidade que poidan acollerse a esta iniciativa a anotarse.
“Este programa municipal permitirá un ano máis a familias de Narón conciliar a súa vida laboral e familiar durante parte das vacacións estivais dos seus fillos e fillas, obxectivo desta iniciativa, que ademais aposta pola convivencia entre os participantes e por ofrecerlles unha gran variedade de actividades dirixidas ás súas idades”, asegurou a concelleira de Promoción Social.
As persoas interesadas en obter máis información sobre o programa ConciliaEscola Verán poden consultar a páxina web municipal (http://www.naron.es/web/docs/Anexo-ConciliaescolaVeran19.pdf) ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións: 1113 ou 1115).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2019 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal