ESCOLARES DO COLEXIO DA SOLAINA VISITARON O CONCELLO E REUNÍRONSE COA ALCALDESA NO SALÓN DE PLENOS
Os escolares visitaron dependencias municipais e interesáronse polo traballo de Marián Ferreiro á fronte da corporación local
Narón, 6 de maio de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, reuniuse esta mañá cunha vintena de nenas e nenos de sexto curso de educación Primaria do colexio da Solaina no salón de plenos. Os menores visitaron anteriormente dependencias da Casa Consistorial e visionaron un video sobre a cidade, no que se realiza un percorrido por varias zonas de Narón, incluído o propio Concello.
Unha vez rematada a proxección os menores interesáronse polo traballo que realiza a alcaldesa da cidade á fronte da corporación local e realizáronlle tamén algunhas propostas de cara ao futuro, sobre as que se pronunciou a propia Ferreiro.
Antes de abandoar o Concello os escolares recibiron uns agasallos en recordo da súa visita.