Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ACTRIZ LOLA HERRERA SUBIRASE AO ESCENARIO DO PAZO PARA REPRESENTAR A OBRA "CINCO HORAS CON MARIO"
A cita será o sábado día 11 a partir das 20.00 horas e aínda quedan algunhas entradas á venda
Narón, 8 de maio de 2019. A recoñecida actriz Lola Herrera protagonizará este sábado, día 11, no Pazo da Cultura a obra “Cinco horas con Mario”. Herrera interpretará este texto, novela autoría do escritor Miguel Delibes, a partir das 20.00 horas. As entradas aínda dispoñibles poden adquirirse na billeteira do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es-, a un prezo de 16 euros para o público xeral e de 11,20 para abonados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos). A historia sitúa ao espectador no ano 1966 –ano no que se publicou a novela de Delibes-, nun tempo no que a protagonista, Carmen Sotillo, perde ao seu marido, Mario dun xeito inesperado. Ao marchar a familia e as visitas do velatorio queda Carmen soa durante a noite co cadáver de Mario, co que inicia un monólogo-diálogo que permitirá airear as personalidades de ambos e os conflitos do matrimonio. As preocupacións económicas, relixiosas, políticas, sexuais e morais abórdanse nesta obra teatral, na que se fala da culpa, da soidade e, en xeral, do sentido da vida.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal