Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PROGRAMA N DE NARÓN, A FESTA DAS LETRAS, OFRECERÁ ESPECTÁCULOS E OBRADOIROS PARA TODOS OS PÚBLICOS CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
O PROGRAMA N DE NARÓN, A FESTA DAS LETRAS, OFRECERÁ ESPECTÁCULOS E OBRADOIROS PARA TODOS OS PÚBLICOS CO GALLO DO DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A Praza da Lectura, na parroquia de Santa Icía, acollerá o vindeiro venres, día 17, unha ampla programación en horario de mañá e tarde
Narón, 13 de maio de 2019. A Praza da Lectura, nas Vivendas da Mariña de Santa Icía, acollerá este ano unha nova edición de “N de Narón: A festa das Letras”. Trátase dun programa impulsado polo Concello de Narón con motivo do 17 de maio, Día das Letras Galegas e que contempla varias propostas culturais, de balde, dirixidas a todo tipo de públicos. A programación desenvolverase ao longo de todo o día, tanto os espectáculos como as actividades que se propoñen para os nenos e nenas.
Abrirá os actos de N de Narón: A Festa das Letras un espectáculo de maxia, a cargo do ilusionista Martín Camiña, centrado na vida de Antonio Fraguas, escritor natural de Pontevedra e ao que este ano se adica o Día das Letras Galegas. “Antonio… Fraguas unhas ilusións con nós?” é o título deste espectáculo, que dará comezo ás 12.00 horas.
Ao mediodía, a partir das 13.00 horas, será o turno de Fantoches Baj (Inacio e Carlos Quintá), que protagonizarán o espectáculo “Os romeiros do caracol”, baseado no estudo sobre as romarías de Antón Fraguas. A obra céntrase en santuarios como o de San Andrés de Teixido, sobre cuxas peregrinacións, cancións, lendas… escribiu Fraguas na obra Romarías e Santuarios de Galicia. Os irmáns Quintá cumpren a promesa feita ao seu defunto avó de levalo a San Andrés en forma de caracol e realizan a viaxe de volta á casa tras cumprir a ofrenda nunha caravana caracol que lles serve de teatriño de títeres no que van contando historias que viron e escoitaron en San Andrés.
A programación da tarde comezará ás 17.30 horas, co espectáculo Nono, da compañía Pistacatro. Trátase dunha proposta de mimo, marionetas, malabares e clown na que o humor estará presente dende o principio ata o final e do que podrán gozar tanto os nenos e nenas como as persoas maiores. A continuación, sobre as 18.30 horas, será o turno de María Fumaça, familia que cumpre cinco anos. “As que máis molan” é o título do espectáculo que chegará a Narón con María Fumaça co gallo do Día das Letras Galegas, enchendo de música e cancións a Praza da Lectura.
A maiores de todos estes espectáculos, durante todo o día haberá un espectáculo sensorial dirixido a bebés: Alfombra Máxica, de Mirari Urruzola. A través dunha alfombra táctil, sonora e olfactiva os nenos e nenas experimentarán unha viaxe sensorial e descubrirán múltiples sensacións a través dos diferentes sentidos. Así mesmo, no espazo Garabato de xogos, pensado para todo tipo de públicos, poderase xogar con elementos realizados con materiais de refugallo, incidindo en áreas como a habilidade, a imaxinación, coordinación… A terceira das propostas é o Espazo Percubebé, con Marcelo Dobode e Bea Martínez, que traen a Narón un obradoiro musical, centrado no mundo da percusión e da arpa.
Haberá tamén un espazo de lectura, cun stand propio da Biblioteca municipal e dous das librarías Day e Galicia, donde as persoas que acudan poderán ver as últimas novidades de publicacións en galego, a maiores de obras do autor homenaxeado este ano, Antonio Fraguas.
A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, animou ás veciñas e veciños a participar nesta Festa das Letras “con programas pensados para xente de tódalas idades nunha data moi especial cada ano para todas as galegas e galegos e que en Narón queremos celebrar tamén cunha firme aposta pola nosa cultura e a nosa lingua”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Maio 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
3
4
5
6
7
8
10
11
12
13
14
15
17
18
19
22
24
25
26
28
29
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal