Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ADXUDICA OBRAS PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO ALTO LICITADAS EN 285.000 EUROS
O CONCELLO ADXUDICA OBRAS PARA A MELLORA DA EFICIENCIA ENERXÉTICA NO ALTO LICITADAS EN 285.000 EUROS
As melloras no sistema de alumeado na zona do Alto permitirán cambiar nesta fase dos traballos 449 luminarias
Narón, 20 de maio de 2019. O Concello adxudicou recentemente dúas novas intervencións para mellorar a eficiencia enerxética na zona urbana da cidade, concretamente na parroquia do Alto do Castiñeiro. As dúas intervencións, que se iniciarán nos vindeiros días, licitáronse en 285.000 euros, e permitirán mellorar o sistema de alumeado e, ao tempo, reducir a emisión á atmósfera de dióxido de carbono –coas vellas luminarias- e tamén a factura de electricidade.
Un dos proxectos a materializar levarase a cabo na Finca de Arzúa, donde se procederá a substituír un total de 240 luminarias, que levarán tecnoloxía led. Esta actuación licitouse en 147.000 euros.
Na zona do Alto do Castiñeiro tamén se adxudicou a substitución de 209 luminarias, cun orzamento de licitación, neste caso, de 138.000 euros. A maiores, tamén no Alto do Castiñeiro proxéctase, tal e como xa se anunciou dende o Concello, a renovación de materiais e dotarase de alumeado ao parque infantil localizado ao final da rúa Italia, mentres que na zona de Freixeiro se procederá tamén a renovar o actual sistema de alumeado por outro con tecnoloxía led.
As actuacións adxudicadas dende o Concello sumaranse ás xa materializadas noutras áreas da zona urbana e rural do Concello. Na parroquia de Xuvia iniciábase a finais do pasado mes un proxecto que permitirá implantar a tecnoloxía led en 170 luminarias de rúas e prazas desta zona da cidade, con cargo a un investimento de 131.000 euros.
O aforro anual estimado nas arcas locais da factura eléctrica cos traballos executados e proxectados nos últimos meses ascende a uns 100.000 euros. Así mesmo, a reducción das emisións de dióxido de carbono á atmósfera permitirán ao Concello continuar avanzando de cara a dar cumprimento aos obxectivos marcados dende a Unión Europea para o ano 2020, reducindo nun 20% as emisións á atmósfera de gases de efecto invernadoiro.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal