Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
PERSOAL DE TEIMA ENTREGOU A NARÓN A DISTINCIÓN DE "CONCELLO TEIMUDO" POLA SÚA COLABORACIÓN COA ENTIDADE
PERSOAL DE TEIMA ENTREGOU A NARÓN A DISTINCIÓN DE
Integrantes da directiva de Teima valoraron o apoio económico prestado dende o Concello de Narón para materializar proxectos dende a entidade e recordaron que asinaron o primeiro convenio no ano 2001
Narón, 23 de maio de 2019. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, e as edís de Acción Social, Catalina García, e Promoción Social e Igualdade, Teresa Sabio, reuníronse no Concello con representantes de Teima Asociación Síndrome de Down. Integrantes da directiva desta entidade solicitaron a xuntanza coas representantes do goberno local para entregarlles, con motivo do seu 25 aniversario, unha distinción e agradecemento que realizan “a todas aquelas persoas, concellos e outras entidades que nos axudaron a chegar a estes 25 anos e que esperamos que colaboren con nós outros 25”, explicaron.
A través da iniciativa Camiño Teimudo entregáronlles uns vinilos que se pegarán en lugares visibles do Concello e que teñen un código QR a través do que se pode consultar un mapeo de puntos do Camiño Teimudo.
Así mesmo, leváronlles ás representantes do equipo de goberno, a modo de recordo, un documento no que se inclúe o primeiro convenio asinado entre o Concello de Narón e Teima, do ano 2001, no que figura a primeira memoria entregada para inscribirse como entidade no Concello e no que plantexaban os seus proxectos de futuro naqueles tempos.
“Despois destes anos, preto dunha vintena de persoas de Teima traballan en empresas ordinarias, o primeiro rapaz que deu o salto á emancipación está vivindo de forma independente, o 80% dos adultos e adultas desprázanse solos pola comarca, veñan do Concello que veñan… consideramos que esas son as evidencias que mellor poden falar deles, das súas familias e de nós, que a fin de contas somos un instrumento para facilitar ese camiño”.
Dende Teima deron as grazas á alcaldesa e ás edís de Acción Social e Promoción Social “por estar aí sempre, porque sabedes que as entidades vivimos basicamente das subvencións e ningún ano sabes co que vas contar, pero ter un convenio, como é o caso do Concello de Narón, danos esa estabilidade e representa o aval para a continuidade do noso traballo, por iso vos entregamos esta distinción”, subliñaron dende Teima.
As representantes do goberno local destacaron o traballo que realiza Teima na comarca e comprometeron o seu apoio para dar continuidade aos proxectos que teñen en marcha e calquera outro que impulsen encamiñado á plena integración do colectivo co que traballan.
Finalmente, antes de rematar a xuntanza, deste Teima convidaron ao goberno local a acudir o vindeiro día 27 de xuño á festa que celebrarán, con motivo do 25 aniversario, no parque Raíña Sofía de Ferrol. No evento elaborarase un mosaico colaborativo con tódalas persoas que se queiran achegar, dende as 12.00 horas ata as 00.00 e nas que tamén haberá actuacións musicais de “teimudos que colaboraron con nós noutras ocasións e tamén nesta que é especial, unha exposición fotográfica dos 25 anos de Teima… queremos agradecervos ser parte do Camiño Teimudo”, subliñaron.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal