Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA EN COLABORACIÓN CON FAMILIAS E A ANPA DO CRA UN ACTO REIVINDICATIVO PARA INSTAR Á XUNTA A REABRIR A ESCOLA DE PEDROSO
O CONCELLO ORGANIZA EN COLABORACIÓN CON FAMILIAS E A ANPA DO CRA UN ACTO REIVINDICATIVO PARA INSTAR Á XUNTA A REABRIR A ESCOLA DE PEDROSO
A cita dará comezo ás 18.30 horas xunto á escola de Pedroso e está aberta á participación da cidadanía en xeral
Narón, 28 de maio de 2019. A alcaldesa e a concelleira de Ensino en funcións, Marián Ferreiro e Mercedes Taibo, respectivamente, participarán mañá pola tarde, entre outros representantes do equipo de goberno, no acto reivindicativo organizado polo Concello, en colaboración coas familias que queren escolarizar aos seus fillos e fillas na escola de Pedroso e tamén coa ANPA do CRA. O obxectivo desta convocatoria, que dará comezo ás 18.30 horas na escola de Pedroso, é instar á conselleira de Educación, Carmen Pomar, a que confirme ás familias a reapertura, no curso 2019-2020 da escola unitaria de Pedroso. O centro rexistrou para o vindeiro curso, tal e como explicou Ferreiro, o número mínimo de matrículas –seis- que a administración autonómica esixe para manter abertos estes centros dos núcleos rurais. Os pais e nais dos seis menores urxen que se confirme a reapertura do centro antes do inicio do período de formalización da matrícula, do 20 ao 30 de xuño.
A convocatoria terá un inicio festivo, á par que reivindicativo, e por iso dende o Servizo de Normalización Lingüística de Narón programouse unha actividade, un contacontos infantil baseado na tradición oral: Pepiña Maruxiña quere voar, a cargo de Barafunda Animación. Pepiña Maruxiña é a protagonista desta obra, na que vivirá unha aventura polo xardín á procura dunhas ás, na que coñecerá varios animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar. O conto baséase na tradición popular de cantarlles ás xoaniñas para protexelas e que emprendan o voo, para coñecer con quen vas casar, como facer que haxa boas colleitas ou que faga bo tempo… A esta actividade pode asistir calquera familia que queira amosar o seu apoio á reapertura da escola de Pedroso (ou tan só presenciar a actuación).
A continuación os asistentes realizarán un acto simbólico, abrazando cunha cadea humana a escola de Pedroso para rematar coa lectura dun manifesto, a cargo das familias.
Dende o goberno local manifestouse o “total apoio ás familias de Pedroso para que a reapertura da escola da parroquia sexa unha realidade o vindeiro curso porque hai demanda de prazas e familias que teñen dereito, ao igual que pasou en centros similares, a que esta escola abra de novo as súas portas”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal