Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO AMOSA O POTENCIAL TURÍSTICO DE NARÓN E DO XEODESTINO FERROLTERRA-RÍAS ALTAS NA FEIRA EXPOCIDADES
O CONCELLO AMOSA O POTENCIAL TURÍSTICO DE NARÓN E DO XEODESTINO FERROLTERRA-RÍAS ALTAS NA FEIRA EXPOCIDADES
A cita será do 30 de maio ao 2 de xuño na cidade lusa de Braga e a entrada é de balde, tal e como recordou a concelleira de Turismo en funcións, Natalia Hermida
Narón, 28 de maio de 2019.- O Concello de Narón estará presente do 30 de maio ao 2 de xuño na quinta edición da feira Expocidades, que se celebrará en Braga (Portugal), tal e como anunciou a concelleira en funcións de Turismo, Natalia Hermida. A través deste evento, unha mostra turística das cidades do Eixo Atlántico, do que forma parte Narón, promocionarase o turismo de proximidade dende o stand Narón-Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, promovendo este sector a través dos programas de cada cidade do Eixo e tamén as comercializadoras (operadores e axencias de viaxe). A entrada a este evento é de balde, tal e como indicaron dende a organización.
Estarán presentes neste evento máis dunha trintena de cidades do Eixo Atlántico, que montarán vinte e cinco stands e que a través desta feira darán a coñecer os seus atractivos entre eles e tamén aos visitantes que se acheguen á Praza da República, donde terá lugar o evento. Os asistentes terán tamén a oportunidade de degustar produtos típicos de cidades que participan nesta nova edición de Expocidades.
No stand de Narón-Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas ofrecerase información sobre o potencial turístico do municipio naronés (rutas de sendeirismo, dos muíños, patrimonio, etc.) e tamén a oferta gastronómica e cultural da cidade. Así mesmo, os concellos que forman parte do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas (ademáis de Narón, os de A Capela, Ares, As Somozas, As Pontes, Cabanas, Cariño, Ortigueira, Pontedeume, San Sadurniño, Valdoviño, Vilarmaior, Cedeira, Cerdido, Fene, Ferrol, Mañón, Moeche, Monfero, Mugardos e Neda) darán tamén a coñecer o seu potencial turístico a través deste stand, dunha superficie duns 15 metros cadrados.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal