Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
OS FESTIVAIS DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA SEMENTEIRA E DAS DE BAILES DE SALÓN E CULTURA TRADICIONAL DO PADROADO SERÁN ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO
OS FESTIVAIS DE FIN DE CURSO DA ESCOLA DE MÚSICA SEMENTEIRA E DAS DE BAILES DE SALÓN E CULTURA TRADICIONAL DO PADROADO SERÁN ESTA FIN DE SEMANA NO PAZO
As persoas interesadas en asistir poden adquirir as entradas, a un prezo de dous euros para cada unha das xornadas, na billeteira do Pazo
Narón, 29 de maio de 2019. Preto dun milleiro de alumnas e alumnos da Escola de Música da Asociación Cultural Sementeira e das Escolas de Bailes de Salón e de Cultura Tradicional do Padroado da Cultura de Narón actuarán esta fin de semana nos festivais de final de curso que se celebrarán no Pazo da Cultura. O alumnado recibe convites para poder asistir, se ben as persoas que desexen asistir poden adquirir as entradas, ata completar o aforo, na billeteira do Pazo, a un prezo de dous euros –para cada un dos días-, tal e como recordou a concelleira de Cultura en funcións, María del Carmen Espada, que animou á veciñanza a acudir a estas convocatorias.
A primeira cita será este venres, día 31, co Festival de Fin de Curso da Escola de Música Sementeira, que dará comezo ás 18.00 horas. Actuarán os alumnos e alumnas da Escola de Música e pechará a xornada a Banda Infantil de Sementeira.
Na xornada do sábado, día 1, celebrarase o festival de fin de curso da Escola de Bailes de salón, con dous pases. O primeiro deles será ás 17.00 horas e o segundo a partir das 19.30 horas. A concelleira de Cultura en funcións, María del Carmen Espada, explicou que actuarán un total de 343 alumnas e alumnos das modalidades de Danza coreográfica, Bailes latinos, Bailes estándar, Ritmos caribeños e Baile de salón a nivel social.
Os festivais de fin de curso das Escolas de Baile e Música tradicional do Padroado da Cultura de Narón celebraranse o domingo día 2. Ás 16.30 horas comezará o primeiro festival no que actuará o alumnado de O Recuncho dos pequechos, con 33 matriculados este curso; a Escola de Zanfona, con 40, a de Acordeón, con outros 40, a Escola de Gaita (Escolas e Banda de Gaitas), con 130 e a de Percusión, con 19 alumnas e alumnos. A partir das 18.30 horas será o turno do segundo festival, no que actuarán o alumnado de Baile Tradicional (Escolas e Grupo de Baile tradicional Alxibeira), con 130 persoas en total; e o de Pandeireta (Escolas e Pandereteiras do Grupo Alxibeira), con 150 persoas.
Así mesmo, o sábado entre as 11.00 e as 13.00 horas o Pazo acollerá o fin de curso da Escola de Debuxo do Padroado da Cultura, que se celebrará cun almorzo compartido polo alumnado. Unha parte dos traballos realizados polos alumnos e alumnas desta escola pode verse ata o 3 de xuño na entrada do Pazo da Cultura, tal e como recordou Espada.
“Cada ano, coincidindo co final do curso, temos a oportunidade de ver o traballo que realizan as Escolas do Padroado da Cultura, ás que acuden veciñas e veciños de Narón e tamén doutros concellos”, apuntou, destacando “a variedade de opcións que se ofertan desde o Padroado para formación en diferentes disciplinas relacionadas co baile e a música”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal