Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A OFICINA DE TURISMO DA CIDADE ABRIRÁ DO 1 DE XUÑO AO 15 DE SETEMBRO
A OFICINA DE TURISMO DA CIDADE ABRIRÁ DO 1 DE XUÑO AO 15 DE SETEMBRO
As instalacións, localizadas na zona do parque do Río Freixeiro, abrirán de luns a domingo en horario de mañá e tarde, tal e como avanzou a concelleira de Turismo en funcións, Natalia Hermida
Narón, 30 de maio de 2019. O vindeiro sábado, día 1, e ata o 15 de setembro abrirá as súas portas a Oficina de Turismo de Narón, ubicada na zona do parque fluvial do Río Freixeiro. O Concello solicitou unha subvención á Deputación da Coruña, que lle concedeu, e con cargo á que se sufragarán os gastos de contratación de dúas persoas da bolsa de emprego municipal que atenderán as instalacións.
O horario de apertura da oficina será de luns a venres entre as 10.00 e as 14.00 e de 16.00 a 20.00 horas; os sábados os domingos de 10.00 a 14.00 e dende as 16.00 ata as 19.00 horas, tal e como avanzou a concelleira de Turismo en funcións, Natalia Hermida. Os días festivos as instalacións permanecerán tamén abertas no seu horario habitual.
“Un ano máis, e durante tres meses e medio, teremos a oportunidade de dar a coñecer a través da Oficina de Turismo de Narón o patrimonio da nosa cidade, as actividades que se desenvolverán durante estes meses e tamén material do Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas”, explicou Hermida, que animou á veciñanza de Narón e doutros concellos a achegarse ata a oficina para solicitar toda a información e material turístico que precisen. As persoas que o desexen tamén poden poñerse en contacto co persoal da Oficina de Turismo chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2301), no horario habitual de apertura.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal