Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELO DESTACA A ACOLLIDA DO STAND NARÓN-XEODESTINO FERROLTERRA-RÍAS ALTAS NA FEIRA LUSA EXPOCIDADES
O CONCELO DESTACA A ACOLLIDA DO STAND NARÓN-XEODESTINO FERROLTERRA-RÍAS ALTAS NA FEIRA LUSA EXPOCIDADES
A feira, con entrada de balde, comezou onte e finalizará o vindeiro domingo na cidade de Braga
Narón, 31 de maio de 2019. O stand de Narón-Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, que ata o vindeiro domingo se pode visitar na quinta edición de Expocidades, en Braga (Portugal) está tendo unha moi boa acollida entre os asistentes a este evento, tal e como indicou a concelleira de Turismo en funcións, Natalia Hermida. Dúas persoas encárganse de atender e ofrecer información de Narón e comarca aos visitantes neste espazo, que ocupa uns 15 metros cadrados.
Expocidades é unha mostra turística das cidades que integran o Eixo Atlántico, entre elas Narón, que acude co fin de promocionar o turismo de proximidade desde o seu stand, con material sobre de interese tanto para o resto de participantes como para os operadores e axencias de viaxe. O patrimonio histórico, a riqueza natural, a oferta gastronómica e de lecer…. son parte das propostas que se ofrecen desde o stand co que Narón acude a este evento, con entrada de balde.
“Esta feira é toda unha oportunidade para dar a coñecer a nosa cidade e o seu potencial no sector turístico, no que avanzamos moito e sobre o que continuaremos traballando, tanto dende o Concello como dende o Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas e do propio Eixo Atlántico”, subliñou Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal