Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO INFANTIL "ASÍ COMO CHO CONTO!"
A BIBLIOTECA ABRIRÁ MAÑÁ O PRAZO DE INSCRICIÓN NO OBRADOIRO INFANTIL
A actividade desenvolverase o vindeiro 8 de xuño nas instalacións da Biblioteca, a partir das 11.00 horas
Narón, 3 de xuño de 2019. O Concello convoca unha nova actividade na Biblioteca municipal dirixida a nenos e nenas a partir de catro anos. Así como cho conto! é o título desta proposta, que se celebrará a partir das 11.00 horas e para a que se abrirá mañá martes –a partir das 16.00 horas- o prazo de inscrición, podendo tramitalas no mostrador da sala de adultos/as da Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións, tal e como avanzou a concelleira en funcións da área de Bibliotecas, Mercedes Taibo.
Os menores participarán nun obradoiro no que se lles explicará todo o proceso dende que xorde unha nova ata que reciben información sobre a mesma, centrándose nos elementos claves, nas canles de comunicación e nos papeis que xogan no proceso os emisores e receptores da información. “Os nenos e as nenas terán a oportunidade de exercer durante unhas horas de xornalistas, e entre todos redactarán unha nova que lles gustaría ver publicada nun xornal e transmitiranlla aos seus compañeiros e compañeiras, aprendendo así un proceso habitual desta profesión”, explicou.
Para inscribirse, subliñou Taibo, é preciso que os nenos e nenas non teñan sancións pendentes no carné da rede de Bibliotecas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal