Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PADROADO DA CULTURA PORÁ MAÑÁ Á VENDA AS ENTRADAS PARA A OBRA TEATRAL "VIEJO AMIGO CICERÓN" E O CONCERTO DE JORGE DREXLER
O PADROADO DA CULTURA PORÁ MAÑÁ Á VENDA AS ENTRADAS PARA A OBRA TEATRAL
A representación teatral terá lugar o 28 de setembro, se ben o 12 de outubro será o concerto de Jorge Drexler no Pazo da Cultura
Narón, 11 de xuño de 2019. O Padroado da Cultura de Narón porá mañá á venda as entradas para a obra teatral Viejo amigo Cicerón, que se representará no Pazo da Cultura o 28 de setembro e para o concerto que dará Jorge Drexler o vindeiro 12 de outubro. As entradas poden adquirirse na billeteira do Pazo, de luns a sábado entre as 9.30 e as 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas ou a través da web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
A obra de teatro clásico Viejo amigo Cicerón –un texto de Ernesto Caballero- é unha coprodución do Festival Internacional de Teatro Clásico de Mérida e Teatre Romea de Barcelona. Cun reparto formado por José María Pou, Bernat Quintana e Miranda Gas, preséntase a Marco Tulio Cicerón, protagonista da obra, como un político excepcional nun mundo cargado de ambicións persoais e deslealdades. A representación comezará ás 20.00 horas e as entradas teñen un prezo de 22 euros para o público xeral e de 15,50 para abonados e tarifas reducidas.
En canto ao concerto do 12 de outubro -20.00 horas-, Jorge Drexler presentará no Pazo o seu último traballo, Silente. Este é o retorno do cantante a un formato a base dunha guitarra e unha voz, que se combinan coas ferramentas contemporáneas para xerar paisaxes sonoras e visuais ao servizo da forma máis inmediata das súas cancións. Este é un concerto unipersoal, co silencio como materia prima para a comunicación e que chega tras unha intensa xira de cen concertos en trece meses nos que Drexler presentou coa súa banda o seu último traballo de estudo: Salvavidas de xeo, que pasou por dezasete países e estivo nomeado o pasado ano a un Grammy Award e a cinco Latin Grammys. O prezo das entradas é de 20 euros para o público xeral e de 14 para abonados e tarifas reducidas.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal