Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO ACOLLEU UN PLENO EXTRAORDINARIO NO QUE SE DESPEDIRON OS EDÍS QUE NON CONTINUARÁN NA CORPORACIÓN LOCAL O VINDEIRO MANDATO
O CONCELLO ACOLLEU UN PLENO EXTRAORDINARIO NO QUE SE DESPEDIRON OS EDÍS QUE NON CONTINUARÁN NA CORPORACIÓN LOCAL O VINDEIRO MANDATO
A alcaldesa en funcións e portavoces dos grupos políticos despedíronse con intervencións no pleno e una fotografía de grupo
Narón, 12 de xuño de 2019. A corporación local asistiu hoxe a un pleno extraordinario, iniciado ás 10.00 horas, e no que se aprobaron por unanimidade as actas da sesión anterior. Na sesión plenaria despediuse tamén aos integrantes da corporación que deixarán as súas actas de concelleiros no vindeiro mandato: María del Carmen Espada, Terra Galega; Teresa Sabio e Xosé Gómez Fandiño (BNG); Hipólito Fariñas, Laura Pena, Esther Carballeira, Patricia Aneiros (PP), Alfonso Casal (ENE) e André Abeledo (EU), se ben este último non asistiu ao pleno. Tivo tamén unhas palabras de recordo e agradecemento a corporación para o edil socialista Octavio Dopico, falecido este mesmo ano.
A portavoz do PSOE, Catalina García, recordou ao seu excompañeiro de partido, Octavio Dopico, e desexou aos edís que non continuarán na corporación “o mellor, a pesar das diferencias políticas, porque máis alá estamos as persoas”.
A seguinte intervención foi a da portavoz nacionalista Teresa Sabio, que asegurou que estes catro anos no Concello “foron unha boa experiencia para nós –en relación tanto á súa persoa como á do exedil Pablo Villamar e posteriormente de Xosé Gómez Fandiño- como concelleiros”. Sabio incidiu en que “foi un pracer ser concelleiros do BNG e estar no grupo de goberno con todas e todos vós, incluso coa oposición a pesares de ter diferencias ideolóxicas, non persoais”.
O portavoz popular, Marcos López, reiterou a súa noraboa á alcaldesa en funcións, Marián Ferreiro, polos resultados obtidos nas eleccións municipais do pasado mes de maio. “Os veciños elixiron e a nós tócanos aceptar os resultados”. A continuación, despediu tamén aos compañeiros e compañeiras de corporación, asegurando que “o seu nome forma parte xa da historia deste concello” e valorando o feito de que “prestaron un servizo aos seus veciños e veciñas e creo que poucas cousas pode haber máis bonitas”. Balado tivo tamén palabras de recordo para Octavio Dopico e agradeceu o labor do grupo municipal do PP no Concello.
Interviu tamén no pleno o portavoz de ENE, Alfonso Casal, que agradeceu as palabras dos seus compañeiros e compañeiras de corporación e calificou como “interesante” a súa experiencia no Concello. “Puidemos traballar mellor e tratamos de facer sempre o mellor para o Concello e o conxunto da cidadanía”, dixo tras anunciar que “continuaremos traballando dende fóra do Concello” e agradeceu a colaboración “de todo o mundo e a “boa relación que sempre houbo en xeral, á marxe das diferencias políticas”.
Finalmente tomou a palabra a alcaldesa en funcións, Marián Ferreiro, que agradeceu “a labor de todas as persoas que estiveron no Concello neste mandato”, tendo tamén un recordo especial para o exedil Octavio Dopico. Ferreiro asegurou que “foi un pracer traballar con vós e é de agradecer o trato diario coa xente coa que gobernamos, porque o traballo que fixestes foi fundamental, primando sempre o diálogo”. Ferreiro explicou que “hai xeitos e xeitos de facer oposición” e ao remate da súa intervención desexou aos edís que deixan as súas actas “o mellor nesta nova etapa que iniciades”, indicándolles que “tedes abertas as portas do Concello e de Terra Galega para o que precisedes”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal