Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS ACTIVIDADES DA CAMPAÑA "O QUE SE ENCHUFA, RECÍCLASE" CHEGARÁN ESTA FIN DE SEMANA AO PARQUE DO RÍO FREIXEIRO
Esta iniciativa estará operativa o sábado 15 e o domingo 16 en horario de 11.00 a 17.00 horas, tal e como indicou o edil en funcións de Servizos, Ibán Santalla
Narón, 13 de xuño de 2019. Un autobús dos recoñecidos Bolechas e dúas carpas informativas instalaranse esta fin de semana, o sábado e o domingo no parque do Río Freixeiro. A iniciativa, tal e como indicou o edil en funcións de Servizos, Ibán Santalla, responde a unha campaña da administración autonómica sobre reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos (RAEE): “O que se enchufa, recíclase”. A través desta proposta, realizaranse obradoiros con nenos e nenas durante os dous días, sendo o horario de atención ao público entre as 11.00 e as 17.00 horas. Esta campaña contempla accións informativas, de divulgación e concienciación sobre a correcta xestión e reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos e, a maiores, para o público infantil haberá unha actuación dos Bolechas –convertidos en superhéroes da reciclaxe dos Residuos de Aparellos Eléctricos e Electrónicos- no autobús que se instalará no parque de Freixeiro e donde os nenos e nenas poderán obter un carné de movemento RAEE. Así mesmo, haberá unha carpa na que se impartirán obradoiros de debuxo e se realizarán actividades didácticas relacionadas coa reciclaxe, nas que participarán varios monitores, e outra carpa inchable cun mostrador no que se poderá xogar a través dunha pantalla táctil e donde se agasallará aos menores con produtos realizados con material reciclado. A iniciativa contempla ademáis a instalación dunha pantalla na que se proxectará un vídeo informativo sobre Reciclaxe de residuos de aparellos eléctricos e electrodomésticos e poderase ver tamén polo parque do Río Freixeiro unha bicicleta con soporte publicitario desta campaña. Para obter máis información sobre a mesma pódese consultar a páxina web: www.oqueseenchufareciclase.gal. A campaña, impulsada dende a Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda, chegará a máis dun centenar de concellos galegos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal