Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO ENCONTRO COMUNITARIO ORGANIZADO POLO CONCELLO E VARIAS ENTIDADES
ÚLTIMOS DÍAS PARA INSCRIBIRSE NO ENCONTRO COMUNITARIO ORGANIZADO POLO CONCELLO E VARIAS ENTIDADES
A cita será o 22 de xuño no paseo marítimo de Xuvia e inclúe varias actividades e tamén unha comida de confraternidade
Narón, 13 de xuño de 2019. As persoas interesadas en asistir ao Encontro comunitario que, organizado polo Concello e entidades do municipio, se celebrará o 22 de xuño no paseo de Xuvia, dispoñen de prazo hoxe e mañá para inscribirse. A concelleira en funcións de Promoción Social, Teresa Sabio, recordou que é preciso que se anoten todas as persoas que desexen acudir, independentemente de que soliciten ou non servizo de catering, porque é preciso instalar mesas e sillas baixo a carpa tamén para aqueles que leven o xantar das súas casas.
As inscricións poden realizarse a través das asociacións veciñais de Freixeiro, San Xiao, Xuvia, Virxe do Mar, Chafarís e A Solaina, así como no Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, no Club de Xubilados e Pensionistas Santa Icía, na Fundación Terra de Trasancos da cooperativa do Val, en Aspanaes, na ASCM Narón, na Asociación Nosa Señora de Chamorro, en Aspanemi, na Asociación da Terceira Idade de Pedroso, na asociación Gaikai, na Asociación de Torneiros da Madeira Virutas, no Círculo Xadrez Narón, en Areosa, en Affinor e no Club Tenis de Mesa Narón.
No momento de facer a reserva da praza pódese solicitar, no caso de consideralo oportuno, o servizo de cátering que contrataron as propias entidades colaboradoras. Os tickets teñen un prezo de 15 euros e o menú será a base de empanada, paella, solomillo asado, postre e bebidas.
O Encontro comunitario celebrarase en horario de mañá e tarde, e haberá demostracións de actividades, exposicións, mesas informativas e música e baile.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal