Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN NUN OBRADOIRO DE DRONS E NO CAMPAMENTO MUNICIPAL "VIVE O VERÁN"
Estas propuestas, gratuitas, se desarrollarán en el mes de julio y se dirigen a jóvenes empadronados en Narón
Narón, 17 de xuño de 2019. O Concello abriu hoxe o prazo de inscrición nun obradoiro municipal de drons e nun campamento municipal, “Vive o verán”, ambos dirixidos a mozas e mozos. Nos dous casos o prazo para presentar as solicitudes rematará o día 26 de xuño ás 13.00 horas. O obradoiro de drons celebrarase do 1 ao 5 de xullo nas instalacións da Casa da Mocidade, na Gándara, en horario de mañá –de 9.00 a 14.00- e oferta un total de quince prazas, dez de quenda libre e cinco para persoas que se derivarán dende os Servizos Sociais. Os destinatarios deste obradoiro, de balde, son mozos e mozas nados entre 2001 e 2006 que deben estar empadroados en Narón. O obradoiro de drons ofrecerá ás veciñas e veciños de Narón unha actividade alternativa de tempo libre, na que terán a oportunidade de aprender a manexar drons, e permitirá ademáis ás familias conciliar a vida familiar e laboral coincidindo coa época estival e de vacacións escolares. Os principios básicos do voo, as partes e funcións dos drons, a lexislación vixente, usos e aplicación de drons, drons de carreiras, conducir un dron terrestre con obstáculos, prototipos do futuro… son parte dos contidos que se abordarán cos participantes neste obradoiro municipal. En canto ao campamento “Vive o verán”, desenvolverase do 8 ao 14 de xullo nas instalacións da Casa da Mocidade e tamén en localizacións doutros concellos da comarca. Os horarios das actividades programadas serán de 10.00 a 14.00 entre o 8 e o 11 de xullo e os días 12 e 13 todo o día con pernocta incluída nas instalacións do Parque temático de desenvolvemento rural Aldea Nova, en Sedes. Os destinatarios son mozos e mozas nados entre 2001 e 2006, empadroados en Narón e hai un total de vinte prazas, das que quince son de quenda libre e as cinco restantes para persoas derivadas dos Servizos Sociais. Este campamento municipal inclúe na súa programación varios obradoiros (de impresión 3D, de skate, de paddle surf e kaiak, de igualdade), a maiores de sesións de graffite para realizar un mural na fachada da Casa da Mocidade, visitas culturais polas Fragas do Eume e o mosteiro de Caaveiro, dinámicas de grupo e actividades deportivas, a realización da Ruta dos Muíños, por Narón, e unha acción informativa sobre sexualidade, entre outras propostas. Con cargo a estes contidos ofreceranse actividades variadas e atractivas para os mozos e mozas, permitíndolles interactuar entre eles, coñecerse e, ao mesmo tempo coñecer a riqueza cultural, patrimonial e natural de Narón e doutros concellos da comarca, como Ares, A Capela.. As solicitudes para este obradoiro e campamento municipais poden presentarse a través da Sede Electrónica do Concello de Narón, a través do enlace:https://sedeelectronica.naron.es/siac/Publicaciones.aspx?t=AC, no rexistro municipal ou en calquera dos lugares establecidos nos artigos 14.1 e 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común nas administracións públicas. Deben utilizar o formulario normalizado disponible na Sede Electrónica do Concello de Narón e se envían a solicitude por outro medio é preciso comunicalo ao Servizo Sociocomunitario no día seguinte a rematar o prazo de solicitude, enviando un correo electrónico á dirección: sociocomunitario@naron.es. Deben adxuntar a solicitude debidamente selada, coa xustificación da data e hora de imposición do envío na oficina de Correos ou no organismo de presentación. Xunto coa solicitude débese presentar a seguinte documentación: cuestionario de saúde e autonomía persoal (incluíndo se o mozo ou moza sabe nadar no caso do programa Vive o verán), declaracións e autorizacións, DNI da persoa que vai participar e o da nai, pai ou persoa que autoriza e tarxeta sanitaria da persoa que vai acudir á actividade. As prazas cubriranse por sorteo público se a demanda supera á oferta, celebrándose o sorteo o 27 de xuño ás 12.00 horas no Concello ante o secretario Xeral. Para máis información as persoas interesadas poden dirixirse ao Servizo Sociocomunitario Municipal –primeiro andar do Concello- ou chamar ao número de teléfono 981 337 700 (extensións 1111 e 1103).

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal