Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN UN CONTACONTOS INFANTIL QUE PECHARÁ O PROGRAMA MUNICIPAL BIBLOESPAZO 2019
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN UN CONTACONTOS INFANTIL QUE PECHARÁ O PROGRAMA MUNICIPAL BIBLOESPAZO 2019
A sesión, impartida por unha voluntaria de Cruz Vermella, terá lugar o sábado 22 de xuño na Biblioteca municipal e diríxese a nenos e nenas a partir de 3 anos
Narón, 19 de xuño de 2019. As nenas e nenos que queiran asistir ao contacontos O corazón de Lolo poderán anotarse na Biblioteca municipal. A actividade terá lugar o vindeiro sábado, día 22, a partir das 11.00 horas na Biblioteca e diríxese a menores a partir de 3 anos. Con esta proposta pecharanse as actividades do programa Biblioespazo 2019, que se retomarán no outono.
Cruz Vermella ofrece este contacontos, que ten entre os seus obxectivos que os nenos e nenas coñezan o funcionamento do acollemento familiar e dispoñan da información necesaria para entender este tipo de situacións por se teñen que estar nalgunha ocasión en contacto con elas. Será unha voluntaria de Cruz Vermella a persoa encargada de traballar cos participantes para explicarlles os diferentes tipos de familia e como se desenvolven os afectos nelas. Deste xeito os menores sensibilizaranse no caso de que unha familia acolla a un menor ou se vexa na circunstancia dunha separación persoal.
Para poder inscribirse é preciso que os nenos e nenas dispoñan do carné da Rede de Bibliotecas, sen sancións pendientes. As prazas poden reservarse no mostrador da sala de adultos e tamén chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura da Biblioteca.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal