Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A PARROQUIA DO VAL ACOLLERÁ MAÑÁ OS ACTOS FINAIS DA PROGRAMACIÓN DA RECREACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
A PARROQUIA DO VAL ACOLLERÁ MAÑÁ OS ACTOS FINAIS DA PROGRAMACIÓN DA RECREACIÓN DAS LENDAS DA PENA MOLEXA
Xogos, deportes, música, teatro e gastronomía forman parte das propostas que se desenvolverán nas inmediacións do castro de Vilasuso
Narón, 21 de xuño de 2019. O castro de Vilasuso, na parroquia do Val acollerá mañá pola noite o acto central da Recreación das Lendas da Pena Molexa. A programación deseñada polo Concello e a Asociación de Veciños “Os Irmandiños”, do Val, comezará ás 18.00 horas, momento a partir do que todas as persoas que se acheguen ao lugar de Vilasuso poderán desfrutar de xogos populares e deporte rural. A media tarde, sobre as 20.00 horas, haberá unha churrascada, con prezos populares, para a partir das 21.00 horas comezar o concerto do grupo Pesdelán, de Santiago de Compostela e creado no ano 2008 por reputados músicos, bailadores e mestres de recoñecidas formacións musicais de Galicia e Portugal.
Actuará despois de Pesdelán A Banda das Crechas, formación tamén compostelá da que forman parte, entre outros, recoñecidos profesionais da música como Davide Salvado, Quim Farinha, Santi Cribeiro, Chus Belho ou Xan Pampín. Será a actriz galega Isa Risco a encargada de presentar o apartado musical deste evento festivo.
Ás 00.00 horas será o momento da tradicional recreación da Lenda da Fada da Pena Molexa. Veciñas e veciños da parroquia do Val serán os encargados de poñerse na pel dos diferentes personaxes que protagonizan esta lenda, na que unha moura se convirte en rocha coincidindo coa chegada do solsticio de verán. Rematada a representación, sobre as 00.30 horas, terá lugar unha lumeirada popular, coa que se pechará a programación desta nova edición da Recreación das Lendas da Pena Molexa.
A citada programación iniciouse o pasado 14 de xuño cunha andaina solsticial entre o convento de Baltar e a Pena Molexa e continuou o sábado día 15 cunha ruta cicloturista pola parroquia do Val e o domingo 16 cunha ruta xeolóxica polo entorno da Pena Molexa e os montes do Val.
Dende o Concello de Narón animaron á veciñanza da cidade e doutros concellos a sumarse aos actos cos que culminará mañá a programación da Recreación das Lendas da Pena Molexa, cunha variedade de propostas lúdicas e na que a música e a gastronomía completarán as propostas que pechará a representación teatral da Lenda da Fada da Pena Molexa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal