Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PADROADO DA CULTURA E A DEPUTACIÓN DA CORUÑA ORGANIZAN UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA CINE DE VERÁN
As proxeccións, todas de balde, comezarán mañá pola noite na pista polideportiva da Solaina e rematarán o vindeiro 18 de xullo
Narón, 25 de xuño de 2019. O programa Cine de verán, organizado polo Concello de Narón e a Deputación da Coruña regresará a partir de mañá á zona urbana e rural do municipio cun total de oito filmes. O Concello de Narón impulsa un ano máis esta proposta, da man do Padroado da Cultura, e que se inicia mañá fronte ao Centro Cívico Social da Solaina (na rúa Francisco Pizarro) donde a partir das 22.30 horas terá lugar a proxección, nunha pantalla de grandes dimensións, da película Campeones. O filme, no que interveñen actores como Javier Gutiérrez, Juan Margalo, Luisa Gavasa e Itziar Castro, entre outros, conta a historia de Marco, un adestrador de baloncesto que se fará cargo dun equipo moi especial. As sesións serán de balde e a través das mesmas apóstase por descentralizar as actividades impulsadas na área de Cultura, achegando aos barrios e parroquias da cidade unha gran variedade de películas que se sucederán ata o vindeiro 18 de xullo. A segunda das xornadas de Cine de Verán terá lugar este mesmo xoves, día 27, no entorno da Praza da Gándara, donde se poderá ver o filme Peter Rabbit, unha comedia con imaxes reais e de animación baseada en historias de Peter Rabbit e en cuxo reparto están Ros Byrne, Sam Neil e James Corden. A programación continuará o 3 de xullo na Praza do colexio de Xuvia, con Hotel Transilvania 3, cunha familia de monstros que se embarca nun cruceiro de luxo e que divertirán a todo o persoal de a bordo ata que a viaxe torna nun pesadelo. O día 4 de xullo na pista polideportiva de San Xiao poderase ver Cavernícola, un filme protagonizado por unha tribu, da que forma parte Dug, de homes e mulleres inadaptados e ambientada na Idade de Pedra, que salvarán o seu fogar e ensinarán a un grupo de cavernícolas a xogar ao fútbol. Na xornada do día 10 na pista polideportiva de Pedroso, proxectarase Mago Dubidoso, unha película galega de animación en 2D que é unha adaptación dunha novela do escritor Roque Cameselle, que conta a historia dun pequeno mago que loita contra a superstición e ambientada na Idade Media. O día 11 na pista polideportiva de San Mateo, proxectarase Os Fenómenos, un filme tamén galego dirixido por Alfonso Zarauza e no que actúan Lola Dueñas e Luís Tosar, entre outros recoñecidos actores. A película conta a historia dunha muller que vive en Almería co seu home e un fillo e ten que regresar a Ferrol, a súa cidade natal, ante un inesperado acontecemento. A seguinte cita deste programa será o día 17 nas inmediacións do Centro Cívico Social do Val, con Maimiño, outra película galega que se proxectou tamén en Cuba con gran éxito, e que é un traballo de animación no que se fai unha versión libre do conto Pulgarcito. Finalmente, pechará o ciclo a proxección de Soño dunha noite de San Xoán, o 18 de xullo na Praza de Galicia, centrada nunhas lendas que contan que na noite de San Xoán os humanos poden ter acceso ao mundo dos duendes e as fadas, donde os sonos se poden converter en realidade. Todas as proxeccións darán comezo ás 22.30 horas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal