Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
LUAR NA LUBRE E ENCRUCILLADA ACTUARÁN ESTE SÁBADO EN SAN XIAO
LUAR NA LUBRE E ENCRUCILLADA ACTUARÁN ESTE SÁBADO EN SAN XIAO
O Padroado da Cultura e a Asociación de Veciños Ceibe de San Xiao organizan este evento, que inclúe unha parte lúdico-deportiva e outra gastronómica
Narón, 26 de xuño de 2019. A parroquia de San Xiao acollerá este sábado, día 29, os concertos –de balde- de Luar na Lubre e Encrucillada. A cita, organizada polo Padroado da Cultura e a Asociación de Veciños Ceibe de San Xiao, será no entorno da pista polideportiva da parroquia e forma parte dun programa máis amplo que inclúe actividades lúdicas e gastronomía. O Padroado da Cultura aposta por descentralizar a súa programación nos barrios e parroquias da cidade, un obxectivo no que se enmarcan propostas como a que o sábado terá lugar en San Xiao e á que dende o Concello se anima a asistir ás veciñas e veciños de Narón e doutros municipios.
O grupo de música folk Encrucillada interpretará en San Xiao temas do seu primeiro disco, Marbán, con doce temas. A música popular e tradicional cobrarán un espazo propio nesta actuación, a cargo de Antonio López, Óscar e Alberto Maceiras, Javier Rodríguez, Héctor Piñeiro e Sara Guerrero, integrantes deste sexteto de Ferrolterra.
Así mesmo, o grupo tamén galego Luar na Lubre, do que forman parte Bieito Romero, Antía Ameixeiras, Patxi Bermúdez, Pedro Valero, Xan Cerqueiro e Xavier Ferreiro, levará tamén a música folk a San Xiao. A formación, que comezou a súa andaina no ano 1986 na Coruña e na actualidade é todo un referente da música en galego, interpretará temas, entre outros, do seu novo traballo discográfico: Ribeira Sacra, con 26 cancións.
A xornada festiva comezará en San Xiao ás 19.00 horas, con xogos tradicionais e populares nos que poderán participar tanto os nenos e nenas como as persoas maiores. Ás 21.00 haberá unha churrascada e sardiñada populares, a cargo da entidade veciñal de San Xiao, que venderá os tickets da comida, a base de churrasco -8 euros para socios/as e 10 euros para o resto- e sardiñas -1 euro dúas unidades-, con bebida, pan e café.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal