Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PLENO APROBA AS DELEGACIÓNS DAS CONCELLERÍAS E O NOMEAMENTO DOS REPRESENTANTES MUNICIPAIS EN VARIAS ENTIDADES E ORGANISMOS
As tenencias de alcaldía e as portavocías dos grupos municipais representados na corporación local tamén se aprobaron na sesión plenaria
Narón, 27 de xuño de 2019. O Concello acolleu esta tarde, ás 18.00 horas, un pleno extraordinario no que se designaron as delegacións de cada concelleiro, as tenencias de Alcaldía e a composición da Xunta de goberno local, entre outros puntos incluídos na orde do día. O equipo de goberno liderado por Marián Ferreiro na cidade estará integrado por trece persoas, tras rubricarse na xornada de onte o acordo de goberno entre TEGA e PSOE. Os concelleiros de TEGA ostentarán as delegacións de Urbanismo, Patrimonio e Bens Inmobles que presidirá Manuel Ramos; Formación, Turismo, Novas Tecnoloxías e Ocio e Festexos, para Natalia Hermida; Obras Públicas, Recursos Humáns, Mocidade e Lecer, de Pablo Mauriz; Servizos, de Ibán Santalla; Seguridade Cidadá, Speis e Facenda, de Román Romero; Cultura, área que ostentará Guillermo Sánchez Fojo; Deportes, para José Oreona; Igualdade, Estatística e Transporte Público, para Mar Gómez, e Cooperación no Ensino e Bibliotecas, para Mercedes Taibo. En canto ás delegacións dos tres edís socialistas, o portavoz, José David Pita, farase cargo da área de Promoción e Xestión de polígonos industriais, Promoción Económica e Infraestruturas Públicas; Catalina García de Participación Cidadá e Benestar social, e Santiago Galego de Sanidade, Medio Ambiente e Feiras e Mercados. A primeira tenencia de Alcaldía será para o edil Guillermo Sánchez Fojo (TEGA), a segunda para José David Pita (PSOE) e a terceira para Manuel Ramos (TEGA). A Xunta de goberno local estará integrada por Guillermo Sánchez Fojo, José David Pita, Manuel Ramos, Román Romero, Mercedes Taibo, Mar Gómez e José Oreona. Así mesmo, na sesión plenaria quedaron nomeados os portavoces das catro formacións políticas que integran a corporación local, sendo a de Terra Galega para Román Romero; a do PP para Germán Castrillón, a do PSOE para José David Pita e a do BNG para Olaia Ledo. A continuación procedeuse a nomear aos representantes do Concello nos diferentes organismos e entidades. A alcaldesa, Marián Ferreiro, será a representante ante a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol; Santiago Galego estará na Comisión de Participación Cidadá da estrutura da Área Sanitaria de Ferrol; Manuel Ramos na de deslinde entre os concellos de Narón e Valdoviño; e no Consello de Administración de Cosma estarán a alcaldesa, Marián Ferreiro, e os edís Ibán Santalla, Germán Castrillón, José David Pita e Olaia Ledo. En canto ás presidencias das Comisións, Manuel Ramos ostentará a de Obras, Urbanismo e Servizos; Guillermo Sánchez Fojo a de Desenvolvemento da Actividade Social e Igualdade; e Román Romero a de Contratación, Persoal e Especial de contas. Na Fundación Parque Científico Tecnolóxico e na Mesa Local do Comecio de Narón estarán Marián Ferreiro e José David Pita; na Fundación Terra de Trasancos Marián Ferreiro; no Grupo de Desenvolvemento Rural Seitura 22, José David Pita; no Grupo de Acción Local Pesqueiro Golfo Ártabro, Manuel Ramos; no Eixo Atlántico, Catalina García, e en Cruz Vermella, Santiago Galego. Nomeáronse tamén os representantes nos Padroados de Cultura e Deportes, nos Consellos Escolares, e noutros organismos, así como nos Consellos Territoriais de Participación Cidadá. No pleno celebrado esta tarde tomou posesión da súa acta como concelleiro Marcos López Balado (PP), que non acudiu á sesión plenaria celebrada o pasado 15 de xuño de investidura da alcaldesa, Marián Ferreiro, e toma de posesión da nova corporación local. Finalmente, aprobouse a proposta de determinación do persoal eventual do Concello.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal