Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
MÁIS DE 300 PERSOAS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NUNHA NOVA EDICIÓN DO IMPACT WEEKWEND NARÓN
MÁIS DE 300 PERSOAS PARTICIPARÁN ESTA FIN DE SEMANA NUNHA NOVA EDICIÓN DO IMPACT WEEKWEND NARÓN
O Concello colabora coa Asociación Cultural Impact na organización do evento, que se desenvolverá no pavillón Campo da Serra
Narón, 28 de xuño de 2019. O pavillón municipal Campo da Serra acolle esta fin de semana unha nova edición do Impact Weekend Narón, na que participarán más de 300 xogadores chegados de diferentes municipios da zona e tamén doutras comunidades e de países como Brasil, Alemaña ou Portugal, tal e como avanzaron dende a Asociación Cultural Impact. A citada entidade organiza o evento, en colaboración co Concello, que comeza hoxe pola tarde e que continuará mañá e o domingo. Dende a organización avanzaron que os principais torneos se retransmitirán en streaming e que influencers e colaboradores comentarán en directo as últimas rondas do suízo e o Top 8 íntegro na canle de Twitch: Impact Returns.
Esta tarde, a partir das 16.30 horas haberá torneos de Magic The Gatering (Modern e Legacy) e durante toda a tarde, os participantes tamén xogarán partidas de Trials legacy para o Impact Returns Legacy que se disputará mañá.
A cita do sábado comezará ás 9.30 horas e prolongarase durante a mañá e a tarde. Comezará o evento co torneo Legacy Impact Returns, Magic The Gatering e ás 12.00 poderase ver unha exposición retro, a cargo da Asociación RetroGalaicos e a esa mesma hora comezará o torneo Blood Bowl. Pola tarde, a partir das 16.30 horas serán os torneos Magic The Gatering, nos formatos Legacy, Modern ou noutros e tamén os de trials modern Magic The Gathering, a cargo da Asociación Cultural Impact. Entre as 16.30 e as 21.00 haberá unha sesión de personalización de chapas, na que colabora a Asociación Cultural Gaikai, tamén con sede en Narón.
O domingo a partir das 9.30 horas comezará o torneo Modern Impact Returns e ás 12.00 reabrirase a exposición Retro e tamén comezará o torneo de Gastlands, que se prolongará ata as 17.00 horas. Pola tarde, dende as 16.30 horas haberá torneos de Magic The Gathering, Legacy, Modern ou outros formatos e outro torneo de Un Cube MTG (Magic Lleida).
Ao longo do día, nas instalacións do pavillón Campo da Serra, as persoas que o desexen poderán participar mañá e o domingo en iniciativas como obradoiros Hama Beads, consolas retro, xogos de taboleiro, de iniciación a Magic The Gathering. A maiores, maña tamén se poderán xogar partidas de Bolt Action e Warhammer 40000 e o domingo practicar o xogo Mikado, tradicional no Xapón.
Acudirán á cita o artista francés Johann Bodin, que amosará parte do seu traballo (ilustracións) e asinará as cartas de Mtg deseñadas por él mesmo ás persoas que o desexen. Tamén acudirá, tal e como avanzaron dende a organización, o valenciano Javier Domínguez, campión do mundo de Magic The Gathering.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal