Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A CANTANTE CHARO PITA E A BANDA DO GARAXE INICIARON OS ESPECTACULOS DO PROGRAMA MUNICIPAL "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
A cita tivo lugar na praza Irmáns Freire, en Xuvia, donde se reuniron numerosas familias para gozar desta proposta do Padroado da Cultura de Narón
Narón, 30 de xuño de 2019. A escritora e cantante Charo Pita e os integrantes da Banda do Garaxe protagonizaron esta mañá, a partir das 12.30 horas, os espectáculos do inicio do programa municipal Verde que te quero verde, que este ano alcanza a súa terceira edición. Numerosas familias achegáronse á praza Irmáns Freire, en Xuvia, para gozar da xornada na que os nenos e nenas interactuaron con Charo Pita durante a súa actuación e bailaron tamén ao ritmo da música da Banda do Garaxe, integrada por mozas e mozos de Ferrolterra. O Padroado da Cultura de Narón organiza un ano máis esta proposta, de balde e co fin de levar parte da programación cultural a espazos púbicos da cidade. A tamén narradora oral Charo Pita presentou en Xuvia o seu novo traballo: No país do vento. A base de melodías foi contando ao público pequeñas historias protagonizadas por diferentes personaxes e animais, logrando en todo momento interactuar cos asistentes. Trala actuación de Charo Pita chegou o turno da Banda do Garaxe, que interpretou varios temas recoñecidos polo público, que bailou ao ritmo de música moderna e festiva. A programación de Verde que te quero verde continuará o vindeiro 7 de xullo no parque da rúa 25 de Xullo, no Alto do Castiñeiro. A partir das 12.30 horas comezará a convocatoria, protagonizada polo músico coruñés Pablo Díaz e a agrupación musical Le Barluthier. O día 14 de xullo será o turno do artista galego Pulpiño Viascón, compositor e multiinstrumentista e da formación Broken Peach, que actuarán a partir das 12.30 no parque localizado nas inmediacións da rúa Francisco Pizarro, na Solaina. Pecharán esta terceira edición de Verde que te quero verde o 21 de xullo, o músico Paco Nogueiras e o cantor e compositor Fred Martins no parque da rúa Mariña Española, tamén a partir das 12.30 horas.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal