Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ÉXITO DE PARTICIPACIÓN NO "IMPACT WEEKEND NARÓN" ORGANIZADO POLO CONCELLO E A ASOCIACIÓN CULTURAL IMPACT
O evento reuniu esta fin de semana no pavillón Campo da Serra a máis de 300 xogadores de diferentes países
Narón, 30 de xuño de 2019. O Concello de Narón colaborou coa Asociación Cultural Impact na organización dunha nova edición do Impact Weekend Narón, que reuniu esta fin de semana no pavillón municipal Campo da Serra a máis de trescentos xogadores. A cita comezou a desenvolverse na tarde do pasado venres e rematará esta noite, sobre as 00.00 horas. O presidente da Asociación Cultural Impact, Antonio Adalid, asegurou que a convocatoria, resultou “todo un éxito tanto a nivel de participación como de público”. Adalid destacou a acollida deste evento e recoñeceu que “organizalo require un traballo importante pero o resultado é moi gratificante porque a xente está moi contenta”, incidindo en que cada ano “apostamos por ofrecer unha proposta de maior calidade”. A maiores das persoas que participaron de Ferrolterra, Eume e Ortegal, inscribíronse tamén outras chegadas de diversos puntos de Galicia e España e tamén de Portugal e de países como Alemaña ou Brasil, o que lle deu a este evento un carácter internacional. A presencia do campión do mundo de Magic The Gathering, o valenciano Javier Domínguez, a retransmisión en streaming dos principais torneos coa participación de influencers e colaboradores e a asistencia do artista francés Johann Bodin, que amosou as súas ilustracións e asinou cartas de Mtg deseñadas por el, estiveron entre as principais novidades desta convocatoria. O pavillón Campo da Serra reabriu as súas portas esta mañá, ás 9.00 horas, para iniciar o torneo Modern Impact Returns e a partir das 12.00 horas puidose ver de novo a exposición Retro e comezou outro dos torneos, o de Gastlands, que rematará sobre as 17.00 horas. Así mesmo, tamén dende as 16.30 comezaron a disputarse os torneos de Magic The Gathering, Modern e outros formatos, así como o de Un Cube MTG. Tanto no día de hoxe como na xornada de onte –pola mañá e pola tarde- os asistentes tiveron a oportunidade de participar en varios obradoiros: Hama Beads, xogos de taboleiro, iniciación a Magic The Gathering, xogar en consolas retro… e, hoxe, tamén practicar xogos como o Mikado, tradicional no Xapón. O venres pola tarde disputáronse torneos de Magic The Gathering nos formatos Modern e Legacy e o sábado foron os torneos de Legacy, que se compaxinaron con outras propostas do programa, como torneos varios de Retro Galaicos –con Retro Narón-, ou obradoiros de personalización de chapas –coa asociación cultural Gaikai- entre outras propostas.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal