Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO COMEZA A INSTALACIÓN DE PAVIMENTO DE SEGURIDADE DE CAUCHO CONTINUO EN VARIOS PARQUES INFANTÍS
O CONCELLO COMEZA A INSTALACIÓN DE PAVIMENTO DE SEGURIDADE DE CAUCHO CONTINUO EN VARIOS PARQUES INFANTÍS
Os traballos previstos nunha decena de parques da cidade suporán un investimento duns 163.000 euros, tal e como recordou o concelleiro de Servizos, Ibán Santalla
Narón, 1 de xullo de 2019. O Concello de Narón destina unha partida de 163.000 euros a dotar de pavimento de seguridade a unha decena de parques infantís da cidade. A semana pasada executáronse as obras previstas no parque da rúa da Cangas, nunha superficie duns 80 metros cadrados, e no das Vivendas de Mariña Española, de preto de 120 metros cadrados. Esta mesma mañá un equipo de operarios instalaba as vallas de peche do parque infantil localizado no paseo fluvial de Freixeiro. Estes últimos traballos levaranse a cabo nunha superficie duns 240 metros cadrados, e estarán rematados esta mesma semana, cando se reabrirá novamente o parque á veciñanza. No caso de Freixeiro, o chan do parque tiña corteza de pino, non loseta de caucho, polo que os operarios comezaron retirando esa corteza para proceder á colocación do pavimento de caucho e, a continuación, apoiar os xogos con resina de poliuretano.
Os traballos a executar nos restantes oito parques infantís da cidade consistirán na substitución las losetas de caucho do chan destes parques por un pavimento tamén de caucho pero continuo, que permitirá amortiguar mellor as posibles caídas dos nenos e nenas e tamén evitar danos derivados do levantamento dalgunhas desas losetas que se danan en ocasións co paso do tempo e debido ás condicións meteorolóxicas. “Con este importante investimento renovaremos o chan dos parques infantís nos que o actual presenta un estado máis desgastado e que rexistran unha importante afluencia de menores”, explicou o edil de Servizos, Ibán Santalla. A actuación enmárcase, tal e como recordou o concelleiro, nas acometidas con cargo ao Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña e destinadas á mellora dos espazos públicos e obras de apoio á infancia e á xuventude.
Unha vez que rematen as obras no parque de Freixeiro e rematadas as da rúa Cangas, quedará pendiente a execución destes traballos nos parques da praza de Galicia, donde se actuará sobre unha superficie de 324 metros cadrados; nas Vivendas do Bispo, en 132 metros cadrados; en Virxe do Mar, sobre 280; na Finca Permuy, en 312; na Finca Federico, en 160 metros cadrados; na escola infantil de Piñeiros, en 127; nas vivendas de Profeco, en 118; e no de Xuvia –onde comezarán a traballar mañá- en 230 metros cadrados, tal e como figura no proxecto.
Santalla avanzou que “estes traballos de mellora de parques infantís completaranse nos vindeiros meses co acondicionamento de novos parques na cidade, tanto na zona urbana como na rural, donde xa contamos con máis de sesenta instalacións deste tipo, o que convirte a este concello no de maior oferta de parques infantís da nosa comarca”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal