Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO INTENSIFICA OS TRABALLOS DE DESBROCE DOS MARXES DE VIAIS, BEIRAVÍAS E PARCELAS MUNICIPAIS
O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que dous tractores se ocupan esta semana dos desbroces proxectados nas parroquias do Val, San Mateo, Sedes e San Xiao
Narón, 3 de xullo de 2019. Dous tractores intensificaron esta semana, duplicando turnos, os traballos de desbroce dos marxes de viais, beiravías e parcelas municipais na zona rural do municipio. O concelleiro de Servizos, Ibán Santalla, explicou que as tarefas inicialmente previstas se desenvolverán esta semana nas parroquias do Val, San Mateo, Sedes e San Xiao “para manter en condicións óptimas estes espazos nesta tempada de verán, donde a maleza prolifera antes, co que iso supón ante posibles riscos de incendios”. O Concello programa coa empresa encargada do servizo de limpeza “ata cinco intervencións de desbroce en cada parroquia ao ano, se ben nalgúns casos son precisas máis ou menos ao longo do ano, unha cuestión que se analiza para atender as necesidades según cada caso, co fin de que estes espazos presenten as mellores condicións posibles de limpeza durante todo o ano”. Unha vez que rematen nestas catro parroquias os tractores continuarán traballando –a partir do luns- nas parroquias de Doso e Pedroso. Santalla destacou ademais o feito de que o novo contrato de Recollida de Residuos Sólidos Urbáns e Limpeza Viaria, en proceso de adxudicación, “mellorará considerablemente, entre outros apartados, as tarefas que se realizan nesta área, porque contaremos con catro tractores para desbroces, o que reducirá considerablemente os tempos ao poder rematar os traballos con maior rapidez e desbrozar en máis zonas a un mesmo tempo”. O concelleiro naronés recordou á veciñanza que é preciso que manteñan limpas de maleza as súas propiedades, cumprindo así a normativa que vixía especialmente esta área. Os titulares dos terreos nas franxas próximas ás vivendas ou outras edificacións son os responsables dos desbroces, así como de manter libre de certas especies de árbores unha área de 50 metros dende núcleos de poboación ou vivendas e alonxalos tamén de campings, gasolineiras, parques, etc. “Apelamos unha vez máis á colaboración cidadá, que é fundamental nestes caos para previr posibles incidentes, e ao mesmo tempo instamos ao resto de administracións supramunicipais a asumir as súas responsabilidades, que tamén as teñen, en canto á limpeza das parcelas da súa titularidade e beiravías no noso termo municipal”, subliñou Santalla. No caso de incumprimento das súas obrigas, os infractores recibirán as pertinentes sancións, que no caso da Ordenanza de residuos e limpeza viaria do Concello de Narón oscilan entre os 750 e os 3.000 euros.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal