Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ACOLLE A PARTIR DE MAÑÁ O "MERCADO MEDIEVAL" ORGANIZADO POLO CONCELLO
O PARQUE DO RÍO FREIXEIRO ACOLLE A PARTIR DE MAÑÁ O
A programación do evento inclúe varias propostas para os tres días, incluíndose como novidade a recreación dun gran torneo medieval entre dous cabaleiros, o sábado e o domingo
Narón, 4 de xullo de 2019. O parque do Río Freixeiro acollerá mañá pola tarde, a partir das 18.00 horas, a apertura do Mercado Medieval organizado polo Concello. A cita prolongarase tamén o sábado e o domingo e reunirá a un centenar de postos de venda de diferentes produtos artesáns e gastronómicos, ao tempo que inclúe unha variada programación dirixida a todo tipo de públicos. Dende o goberno local de Narón anímase á veciñanza a asistir a este evento, unha cita festiva do calendario anual da cidade que cada ano reúne a máis persoas en Freixeiro, nunha zona ambientada para a ocasión.
Na xornada de mañá, trala apertura dos postos, ás 18.30 haberá un pasarrúas musical, a cargo de Treefolk e ás 19.00 horas comezarán os espectáculos, a cargo de Humans no Limits e máis música a partir das 20.30 horas con Treefolk para pechar o programa cun espectáculo de lume, circo e aéreo a cargo de Humans no Limits, que comezará ás 22.00 horas.
O sábado e o domingo o Mercado reabrirá a partir das 11.00 horas e será de novo Treefolk o encargado de animar ao público cos pasarrúas que, en ambos días, comezarán ás 11.30 horas. Será precisamente estes días cando terá lugar unha das novidades do programa deste ano, o gran torneo medieval que se representará no parque, no que participarán dous cabaleiros, recreando pelexas a pé e a cabalo con lanzas e espadas, e que se poderán ver o sábado ás 13.00 e ás 18.30 horas e o domingo ás 13.00 e ás 20.00 horas.
O sábado todo o día percorrerán o Mercado varios faunos, haberá novos espectáculos de Humans no Limits, a roda alemana, e visitarán o Parque do río Freixeiro trasgos e personaxes fantásticos, que completarán a programación que pechará cun espectáculo aéreo e de lume a partir das 22.30 horas.
Finalmente, o domingo ao longo da mañá, a partir das 11.00, continuarán os espectáculos de faunos percorrendo o mercado, a roda humana, outro espectáculo aéreo e personaxes do medievo interactuando co público para realizar unha parada para xantar ás 14.00 horas. Pola tarde, ás 18.00 reabrirán os postos instalados no Mercado Medieval e continuará desenvolvéndose a programación, que inclúe espectáculos musicais, personaxes fantásticos percorrendo o Mercado. A partir das 22.00 horas haberá un gran pasarrúas no que participarán tódalas compañías que rematará cun espectáculo con número aéreo, lume, acrobacias e telas.
Os nenos e nenas disporán dun espazo infantil con mesas de xogo, unha noria, sillas voadoras e poderán iniciarse na práctica da arquería, coa axuda do maestro arqueiro Regino. Así mesmo, entre as propostas do Mercado Medieval tamén haberá espazos nos que varios artesáns terán a oportunidade de amosar ao público asistente os seus traballos, realizados con lá, esparto, corcho e outros materiais.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal