Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
O CONCELLO E A AVV PIÑEIROS ORGANIZAN O "VII ENCONTRO DE RONDALLAS CIDADE DE NARÓN" E O "XV ENCONTRO DE BANDAS DE GAITAS MEMORIAL LOLETE"
O CONCELLO E A AVV PIÑEIROS ORGANIZAN O
A concelleira de Festas, Natalia Hermida, presentou esta mañá o evento acompañada polo presidente da AVV Piñeiros, Francisco José Pita, e por José Luis Teijeiro e Santiago Vázquez, integrantes da citada entidade
Narón, 4 de xullo de 2019. A concelleira de Festas, Natalia Hermida, o presidente da AVV Piñeiros, Francisco José Pita, e José Luis Teijeiro e Santiago Vázquez, integrantes da citada entidade veciñal, presentaron esta mañá no Concello a sétima edición do Encontro de rondallas Cidade de Narón, que se celebrará este sábado e a décimo quinta edición do Encontro de Bandas de Gaitas Memorial Lolete, que terá lugar o domingo, 7 de xullo. Ambas celebracións serán no campo da festa de Piñeiros. A edil naronesa animou ás veciñas e veciños a acudir a estes eventos que se celebrarán en Piñeiros.
O sétimo Encontro de Rondallas Cidade de Narón, organizado polo Concello en colaboración coa AVV Piñeiros comezará ás 18.30 horas e o trío Blanco y negro será o encargado de inaugurar o acto para, a continuación, dar comezo as actuacións das rondallas. Nesta edición o público asistente terá a oportunidade de gozar, tal e como avanzou Hermida, da música de Lucero del Alba, de Neda; Só elas, de Ferrol, e Añoranzas, tamén de Ferrol. A cita rematará cunha gran sardiñada, con racións de tres sardiñas, cachelos e pan a un prezo de cinco euros.
Na xornada do domingo celebrarase a décimo quinta edición do Encontro de Bandas de Gaitas “Memorial Lolete”, organizado pola AVV Piñeiros e no que colabora o Concello, que se iniciará ás 12.00 horas. Actuarán neste evento festivo, tal e como explicou o presidente da entidade veciñal, as bandas de gaitas Álvaro Cunqueiro, de Lago; San Xulián, de Marín, e pechará o acto Agarimo de Catabois, de Ferrol. A primeira edición deste memorial celebrouse no ano 2005, organizado por Manuel García “Lolete”, director por aquel entón da banda de gaitas Agarimo, de Catabois e José Francisco Pita, presidente da Asociación de Veciños de Piñeiros. Tralo falecemento de Lolete –que só puido asistir á primeira convocatoria- Pita e Marcos García, fillo de Lolete, mantiveron coa colaboración do Concello esta convocatoria, que dende entón leva ese nome en recordo de Lolete, a modo de homenaxe.
A maiores, a AVV Piñeiros celebrará tamén o vindeiro domingo a duodécima edición da Festa do churrasco, no campo da festa da parroquia. As racións –a un prezo de 18 euros- comezarán a servirse ás 14.00 horas, e serán a base de paella, churrasco, chourizo criollo, liscos, patacas, pan, e bebidas, con bola con queixo fresco de postre e café. Os tickets poden adquirirse no estanco de Piñeiros, no local social de Piñeiros, nos establecementos Con Moita Miga (O Ponto), Carnizaría Suprema ou o mesmo domingo na carpa instalada no campo da festa. Pola tarde, para amenizar a convocatoria, haberá unha sesión de baile a cargo do dúo Horizonte, aberta ao público xeral, según apuntou Pita.
O presidente da AVV Piñeiros agradeceu a colaboración do Concello de Narón coa entidade e amosou a súa confianza en que a xente acuda a disfrutar de este evento.
A concelleira de Festas destacou tamén a colaboración prestada pola AVV de Piñeiros “porque froito da mesma, dende o Concello, podemos facer nesta parroquia, ao igual que noutras da cidade, importantes eventos gastronómicos e con carácter festivo e cultural”. “Quero agradecer a implicación desta asociación non só neste evento, senón tamén nas actividades que se levan a cabo na parroquia e no tradicional acto de acendido do alumeado de Nadal no que colaboran co Concello todos os anos”, asegurou Natalia Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal