Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
PULPIÑO VIASCÓN E OS BROKEN PEACH ACTUARÁN O DOMINGO NA SOLAINA NUNHA NOVA PROPOSTA DO PROGRAMA MUNICIPAL "VERDE QUE TE QUERO VERDE"
Os espectáculos, dirixidos a todo tipo de público, comezarán ás 12.30 horas
Narón, 11 de xullo de 2019. O programa municipal Verde que te quero verde chegará esta fin de semana ao parque da rúa Francisco Pizarro, na Solaina. A partir das 12.30 horas dará comezo o espectáculo de Pulpiño Viascón, un multiinstrumentista, compositor e clown galego cunha dilatada traxectoria profesional e que formou parte de bandas como Os Diplomáticos de Montealto, O Jarbanzo Negro ou Bonovo, a maiores de protagonizar varios espectáculos tamén en solitario. Sobre as 13.00 horas, unha vez remate a actuación de Pulpiño Viascón, dará comezo o concerto de Broken Peach, unha formación a catro voces, batería, baixo e guitarra/piano que fusionan música con espectáculo, ofrecendo un toque persoal a cada un dos temas que interpretan no repertorio. O público sitúase en diferentes épocas e ambientes con estilos como o soul, o rock, o gospel, funk… Broken Peach conta tamén na súa traxectoria –dunha década- con colaboracións con artistas como Peret, Joaquín Padilla e Alberto Comesaña e actuaron tamén en varios programas da TVG. O programa Verde que te quero verde rematará o vindeiro 21 de xullo no parque da rúa Mariña Española. Para a xornada final están previstos, tamén a partir das 12.30 horas, os espectáculos dos artistas Paco Nogueiras e Fred Martins.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal