Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O "GULLIVER FEST" ORGANIZADO POLO CONCELLO EN COLABORACIÓN COA ASOCIACIÓN FURGOGALICIA CONTA XA CON MÁIS DE SETENTA INSCRITOS
O festival da cultura viaxeira celebrarase os días 2, 3 e 4 de agosto na área recreativa de Pedroso
Narón, 11 de xullo de 2019. A primeira edición do festival da cultura viaxeira Gulliver Fest conta xa con máis de setenta inscritos para a cita, que terá lugar os días 2, 3 e 4 de agosto na área recreativa de Pedroso. O Concello organiza este evento en colaboración coa asociación FurgoGalicia co obxectivo de impulsar unha proposta novidosa non só na cidade, senón tamén na comarca e en Galicia –tal e como está plantexada- e para a que aínda quedan as últimas prazas dispoñibles, ao estar o aforo limitado a un total de 120 prazas de acampada, podendo asistir ás actividades e concertos todas as persoas que o desexen. Aquelas persoas interesadas en anotarse –é de balde pero require inscrición previa- poden aínda facelo a través do formulario que está dispoñible na páxina web do festival: www.gulliverfest.es. A música, as viaxes, a literatura e a natureza centrarán a programación prevista para os tres días, tal e como recalcaron dende a organización, dende donde animan á cidadanía a acudir a esta novidosa cita. As persoas que se inscribiron ata o día de hoxe proceden de Narón e comarca, pero tamén doutros puntos da xeografía galega –das catro provincias- e española -como Barcelona, Valencia, Madrid ou Ibiza, entre outros-. “Trátase dunha iniciativa pola que apostamos dende o Concello dende o primeiro día, cun programa moi amplo e variado no que as viaxes, a música, a natureza e a literatura cobran un papel primordial e pensado para que asistan persoas de tódalas idades, con gañas de compartir as súas experiencias viaxeiras e de desfrutar da programación dos tres días nun entorno natural tan particular como a área recreativa de Pedroso”, asegurou a concelleira de Turismo. “Á hora de deseñar a programación musical realizamos unha forte aposta polos grupos galegos, que protagonizarán a maioría dos concertos da noite do venres e da xornada do sábado”, apuntou Hermida. Actuarán as formacións Cachas&Cousins, La Chata Soul e The Skárnivals o día 2 de agosto, a partir das 22.00 horas, e o sábado día 3 os grupos Natural Green, The Lákazans e Muyayo Rif, tamén a partir das 22.00 horas, se ben haberá o sábado ao mediodía, ás 12.00 horas, un concerto infantil, a cargo de Lydia Botana. Unha das novidades do formato do Gulliver Fest naronés é que os asistentes poderán escoitar en primeira persoa a experiencia viaxeira de Jorge Sierra, un rapaz que deu a volta ao mundo nun Citroen 2CV, Naranjito. As presentacións Pechakucha sucederanse na xornada do sábado, a partir das 17.30 horas. Nelas, as persoas que o desexen poderán realizar as súas propias presentacións –seis minutos e corenta segundos- ante os asistentes, se ben as deben remitir previamente á organización a través do formulario de inscrición da web en formato PDF.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal