Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
A ALCALDESA PRESIDIU A RECEPCIÓN AOS DEZ MENORES SAHARAUIS QUE PARTICIPAN ESTE ANO NO PROGRAMA "VACACIONES EN PAZ"
A ALCALDESA PRESIDIU A RECEPCIÓN AOS DEZ MENORES SAHARAUIS QUE PARTICIPAN ESTE ANO NO PROGRAMA
Os nenos e nenas pasarán os meses de verán con nove familias de acollida da cidade
Narón, 11 de xullo de 2019. Un total de dez menores saharauis, de entre 11 e 14 anos, pasarán este verán con nove familias de acollida de Narón a través do programa “Vacaciones en Paz”, impulsado pola asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro; a concelleira de Benestar Social, Catalina García, e os portavoces de Terra Galega, Román Romero; PSOE, José David Pita, e PP, Germán Castrillón, asistiron ao acto de recepción oficial dos nenos e nenas, que chegaron acompañados polas súas familias de acollida e por representantes da citada asociación na comarca.
Os nenos e nenas desprazáronse ao Concello, donde foron recibidos pola alcaldesa e polo resto de integrantes da corporación local. Ferreiro deulles a benvida aos menores e desexoulles unha boa estancia na cidade, animándoos a desfrutar de eventos e instalacións municipais durante estes días de verán. Así mesmo, un ano máis agradeceu o labor de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui e especialmente a colaboración das familias de acollida “os artífices de que este programa se continúe mantendo e permita afastar aos nenos e nenas das elevadas temperaturas que nesta época do ano se rexistran nos campamentos de refuxiados de Tinduf, no deserto arxelino”.
A concelleira de Benestar Social tamén destacou a participación neste programa das familias da cidade e animou ás veciñas e veciños interesados en coñecelo máis polo miúdo en facelo a través da asociación ou do propio Consistorio.
Dende o Concello estase xestionando unha visita cos nenos e nenas ao acuario da Confraría de Pescadores de Barallobre e tamén un percorrido por un circuíto en todoterreo nunha parcela de Río do Pozo e por algunha zona máis da cidade e tamén a visita a clubes da cidade para practicar algunha actividade deportiva. Os menores saharauis recibiron como agasallo unha mochila e un vale por importe de 60 euros para canxear no establecemento local Din&Don.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Novembro 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal