Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
OS ACTOS DO PROGRAMA DA "XXI FESTA GASTRONÓMICA" DO PEMENTO DO COUTO INCIARANSE MAÑÁ NA CITADA PARROQUIA
A degustación de pementos do Couto será no xantar do domingo ao mediodía na carballeira localizada nas inmediacións do Centro cívico social do Couto
Narón, 19 de xullo de 2019. A programación da vixésimo primeira edición da Festa gastronómica do Pemento do Couto comezará a desenvolverse mañá na citada parroquia naronesa. Na xornada do sábado celebraranse os actos das Noites no mosteiro, que se iniciarán ás 20.00 horas no Centro cívico social do Couto cun showcooking a cargo do chef Héctor López. Profesional da cociña, López rexenta un restaurante familiar, “Español”, en Lugo e preparará en Narón varias especialidades culinarias co pemento do Couto como ingrediente principal. A partir das 23.00 horas, tamén o sábado, iluminarase con varias cores a fachada exterior do mosteiro de San Martiño de Xuvia, no Couto e tamén o interior da igrexa, cun desplegue duns 250 focos. Finalmente, ás 23.00 horas, dará comezo no interior do cenobio naronés un concerto de arpa celta a cargo da artista Bleuenn Le Friec, residente na actualidade en Galicia e procedente da Bretaña francesa. O aforo para o concerto é limitado, co que se habilitarán dous ou tres pases, en función do público interesado en asistir. A programación do sábado rematará coa performance Fadas da Noite, a partir das 00.30 horas e no que dúas fadas con vestidos de led reproducirán unha coreografía polo exterior do mosteiro do Couto e trasladarán unha mensaxe ao público. A propia Festa gastronómica do Pemento do Couto terá lugar o domingo, iniciándose coa lectura do pregón, ás 13.00 horas, no Centro cívico social da parroquia. O pregoeiro deste ano será o artista local Leandro Lamas. Trala lectura procederase a realizar a tradicional ceremonia de xuramento das novas Damas e Cabaleiros da Orde do Pemento do Couto. Deste xeito, sobre as 13.30 horas recibirá esta distinción o enxeñeiro agrónomo naronés Francisco Pico Sanjurjo, en recoñecemento ó seu labor para solicitar a Indicación Xeográfica Protexida para o pemento do Couto, que se concedeu no ano 2010. Ás 14.00 horas comezará o xantar popular, na zona da carballeira localizada nas inmediacións do Centro cívico social, para a que no caso de quedar prazas disponibles se poderán adquirir os tickets o propio domingo no Centro cívico social do Couto. Os comensais degustarán un menú a base de churrasco e cachelos, que acompañarán con pementos do Couto, pan, bebidas e café ao tizón. Para amenizar a festa actuará a partir das 17.30 horas o grupo musical Horizonte e ás 19.00 comezará o concerto de Farrapos de Ghaita. O Concello organiza un ano máis este evento festivo xunto coa AVV do Couto, a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto e a Cooperativa do Val.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal