Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
LUGO ACOLLERÁ UN ACTO ESPECIAL DE IRMANDADE ENTRE O "ARDE LUCUS" E O "OENACH ATLÁNTICO" DE NARÓN
As alcaldesas de Narón, Marián Ferreiro, e Lugo, Lara Méndez, presidirán a convocatoria que terá lugar o 22 de xullo fronte ao Consistorio lucense
Narón, 19 de xullo de 2019. As diferentes asociacións castrexas do Arde Lucus e a asociación veciñal Rosa dos Ventos de Sedes, esta última organizadora co Concello de Narón do Oenach Atlántico, serán as protagonistas dun acto especial de irmandade o luns 22 de xullo ás 16.30 horas diante do Concello de Lugo. Este acto, que estará presidido polas alcaldesas de Narón e Lugo, Marián Ferreiro e Lara Méndez, respectivamente, simbolizará a unión entre dúas festas que son declaradas de Interese Turístico de Galicia (no caso lucense, tamén a nivel de España) e que contan xa con dúas décadas de historia. Os xefes castrexos do Arde Lucus establecerán unha alianza cos castrexos de Narón, que abren así, coa súa visita a Lugo, a semana na que se celebra a vixésimo primeira edición do Oenach Atlántico de Sedes, que terá lugar a fin de semana do 26, 27 e 28 de xullo na campa do Trece, na parroquia de Sedes. O obxectivo de ambas partes é sumar forzas, tender pontes, e crear sinerxias para o impulso deste tipo de eventos con base etnográfica e antropolóxico-cultural, que buscan recrear as raíces da nosa cultura celto galaica. O Oenach Atlántico quere dar a coñecer en toda Galicia o traballo e implicación dos seus veciños e veciñas nun evento xa maduro que conta con obradoiros e importantes espectáculos musicais, ademais de recreacións teatrais da vida cotiá nos castros e pallozas, actos como o acendido do lume ou a representación de oficios tradicionais. Por iso os seus habitantes saen fóra do seu territorio para que o Arde Lucus apoie a súa difusión. Pola súa banda, as asociacións do Arde Lucus traballan xa na décimo novena edición de 2020, a piques de cumplir as dúas décadas de vida, e queren simbolizar a irmandade e acollida doutras festas de menor tamaño pero que teñen detrás un enorme e serio traballo de recuperación e estudo da cultura celto galaica, como é o caso do Oenach Atlántico de Sedes.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal