Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Servizo de Normalización Lingüística Buscocole
Novas
 
UNHAS SEISCENTAS PERSOAS ACUDIRON HOXE AO XANTAR POPULAR DA "XXI FESTA GASTRONÓMICA DO PEMENTO DO COUTO"
UNHAS SEISCENTAS PERSOAS ACUDIRON HOXE AO XANTAR POPULAR DA
A convocatoria celebrouse na carballeira localizada xunto ao Centro cívico social do Couto e na mesma degustáronse douscentos quilos de pementos do Couto, con churrasco e cachelos
Narón, 21 de xullo de 2019. O pemento do Couto é hoxe o protagonista da Festa gastronómica que se celebra na parroquia naronesa do Couto. O evento alcanzou este ano a súa vixésimo primeira edición e reuniu a seiscentas persoas nun xantar popular –para o que se esgotaron os tickets- que se celebrou este mediodía na zona da carballeira localizada nas inmediacións do Centro cívico social do Couto. O Concello organizou o evento en colaboración coa AVV do Couto, a Cooperativa do Val e a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto.
A cita de hoxe comezou ás 13.00 horas no Centro cívico social do Couto. A alcaldesa da cidade, Marián Ferreiro, foi a encargada de abrir o acto oficial, agradecendo o traballo realizado tanto dende a AVV do Couto como dende a Cooperativa do Val e a Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto para manter viva na parroquia esta celebración e “sen os que non sería posible realizar este evento”, asegurou. Ferreiro desexou aos asistentes que desfrutasen da celebración para, a continuación, dar paso á lectura do pregón desta convocatoria, a cargo do artista local Leandro Lamas.
Na súa intervención Lamas contou un conto “que nada ten de real e que a min contoumo un paxaro, un paxaro verde como os pementos do Couto”, indicou. A catequista Catalina, o crego Don Gaspar e o sacristán, Froilán, eran os protagonistas da historia, datada no ano “mil douscentos e pico” e localizada no mosteiro do Couto e na que se contaba unha particular vivencia sobre a semente e o nacemento dos primeiros pementos do Couto, “os máis saborosos do mundo mundial”.
Unha vez rematado o pregón o presidente da Orde de Damas e Cabaleiros do Pemento do Couto, Tomás Casal, tomoulle xuramento ao novo integrante da Orde, o enxeñeiro agrónomo naronés Francisco Pico Sanjurjo, que recibiu a tradicional capa verde e o pemento de prata de mans do presidente da AVV do Couto, Ramón Couto. A organización recoñeceu con esta distinción o labor realizado por Pico Sanjurjo cando se comezaron a realizar os trámites oportunos para que se concedese ao pemento do Couto o distintivo de Indicación Xeográfica Protexida, co que conta dende o ano 2010. O homenaxeado agradeceu a distinción aos organizadores desta festa e tamén tivo palabras de agradecemento “para todos os agricultores que, ao final, son os que loitan para que todo isto saia adiante”
Tralos actos oficiais os asistentes desprazáronse á zona da carballeira, donde desfrutaron dun xantar popular a base de churrasco e cachelos con pementos do Couto –dos que se fritiron douscentos quilos- pan, bebidas e café ao tizón. O grupo musical Horizonte amenizará a festa dende as 17.30 horas e a partir das 19.00 continuará co concerto do grupo Farrapos de Ghaita.
O programa deste evento festivo comezou a desenvolverse onte, coa cita das Noites no mosteiro. Ás 20.00 horas o chef Héctor López cociñou no Couto varias elaboracións co pemento do Couto como ingrediente principal, entre elas: bonito curado con vinagreta tibia de pemento do Couto; tataky de tenreira galega con pementos do Couto encurtidos e sardiña, pan de broa, pementos do Couto e maionesa de carbón. Numerosos veciños e veciñas acudiron a ver cociñar ao chef, copropietario do restaurante lucense “Español”, e degustaron posteriormente as elaboracións realizadas durante o showcooking. Tamén na noite de onte se iluminou con luces de cores o exterior do mosteiro de San Martiño de Xuvia e o interior da igrexa e, nesta mesma ubicación, tiveron lugar concertos de arpa celta a cargo da artista Bleuenn Le Friec, nativa da Bretaña francesa e residente en Galicia. A continuación tivo lugar no exterior do cenobio a performance Fadas da Noite, na que dúas fadas con vestidos de led reproduciron unha coreografía.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Agosto 2019 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal